fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Música | Clásica | Luns 9 xullo
O Via Stellae presenta Rodelinda, ópera de Haendel, en concerto por primeira vez en Galicia

Na xornada de mañá, martes 10 de xullo, chega a habitual cita do festival coa ópera barroca, que este ano acollerá a presentación en versión concerto por primeira vez en Galicia de Rodelinda, Regina de’Longobardi, ópera de Haendel. Chega da man de Vespres d’Arnadí, unha agrupación orquestral que en apenas sete anos destacou como un dos proxectos máis sólidos no panorama musical estatal baixo a dirección de Dani Espasa. Poderemos vela a partir das 20.00h no Teatro Principal e as entradas, a 10€, poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do propio teatro a partir das 16.30h.

Georg Friedrich Haendel compuxo máis de 40 óperas nun período doutros tantos anos, primeiro no seu país natal, Alemaña, en Italia e, sobre todo, para o país que o acolleu como se fose a súa patria, Inglaterra. Un dos seus éxitos máis importantes neste país de adopción foi Rodelinda, regina de’Longobardi, unha ópera seria en tres actos que foi estreada no londinense King’s Theatre de Haymarket o 13 de febreiro de 1725. O libreto en italiano de Nicola Francesco Haym para esta ópera estaba á vez baseado nun libreto anterior de Antonio Salvi. A trama complicada, na tradición operística, deulle a Haendel a oportunidade de escribir unha colección de magníficas arias para virtuosos cantantes, os mesmos que un ano antes interpretaran Tamerlano.

Como era costume, as arias son en forma ‘da capo’, aria en tres partes na que a terceira sección é unha variación máis ornamentada da primeira e a segunda sección central adoita ofrecer un contraste musical e expresivo. Entre estas arias, a máis popular é "Vivi, tiranni", cantada por Bertarido, un papel orixinalmente interpretado por un castrato. Os outros personaxes principais tamén teñen posibilidades de brillar nas arias que Haendel escribiu con mestría para esta Rodelinda como por exemplo "Fray tempeste funeste" (para o baixo Garibaldo), "Un Zeffiro espiro" (para Unulfo), a irmá de Bertarido, Eduige, interpretada por unha mezzosoprano ("De' miei scherni per far le vendette" ou "Pastorello d'un povero armento" (para a voz de tenor do maquinador duque Grimoaldo). Un dos mellores momentos da ópera prodúcese no segundo acto, cando Rodelinda se sorprende ao enterarse de que Bertarido está vivo e ambos cantan un marabilloso dúo "Io t’abbraccio", interrumpido cando entra Grimoaldo, arresta a Bertarido e o condena a morte. Finalmente, a restitución de Bertarido ao trono, sérvelle a Haendel para compoñer outra festa musical de xenerosas proporcións.

Vespres d’Arnadí

No ano 2005 ten lugar un encontro dalgúns dos primeiros licenciados en interpretación da música antiga pola Escola Superior de Música de Cataluña, con outros especialistas formados en Utrecht, Basilea e Bruxelas, para crear Vespres d’Arnadí, grupo liderado por Dani Espasa e Pere Saragossa. Os músicos participantes do proxecto son á vez colaboradores de destacadas orquestras barrocas europeas como Les Talents Lyriques, Le Concert des Nations, Accademia Bizantina, entre outras. Desde o inicio, este grupo destacou pola altísima calidade das súas interpretacións, como recoñeceu unanimemente a crítica. Teñen editados dous compactos dedicados a Desmazures e Mir e Llussá. Desde a tempada 2010-2011, recibe axudas do Institut Català d'Indústries Culturals como formación estable de Cataluña.

Dani Espasa  clave e dirección

Sen dúbida, un dos músicos máis polifacéticos da música antiga actual. Licenciado en arquitectura pola ETSA de Barcelona, foi pianista e director musical de TV3 e TVE, ademais de creador de sintonías para RNE e TV3. É produtor e compositor de diferentes discos de Lídia Pujol e pianinsta e acordeonista de María del Mar Bonet. Ten colaborado cos grupos Acadèmia 1750, Mala Punica, La Hispanoflamenca, Les Sacqueboutiers e La Caravaggia. Actuou en prestixiosos festivais de música e no Concertgebouw de Amsterdam, Carneggie Hall de Nova York, Auditorio Nacional de Madrid, Barbican Center de Londres, Musikverein de Viena, Auditorium de Roma, Gran Teatre do Liceu, Teatro da Ópera do Cairo. Desde 2005 é director musical de Vespres d’Arnadí.

Rodelinda, ópera de Haendel en concerto

VESPRES D’ARNADÍ

DANI ESPASA  director

MARIA HINOJOSA  soprano Rodelinda

MAARTEN ENGELTJES  alto  Bertarido

JUAN SANCHO  tenor  Grimoaldo

SIMON KIRKBRIDE  baixo  Garibaldo

MARTA INFANTE  mezzosoprano  Eduige

JORDI DOMÈNECH  alto  Unulfo

VESPRES D’ARNADÍ

Nick Robinson, Elena Borderías, Germán Echeverri, Karoline Klemm,

Francesco Colletti, Oriol Algueró, Maria Gomis, Josep Martínez  violín

Natan Paruzel, Anna Aldomà  viola

Oriol Aymat, Joan Palet  violoncello

Oriol Martí violone

Josep Maria Martí arquilaúde

Mariña Comas frautas traveseira e de pico

Carles Vallès  fagot e frauta de pico

Pere Saragossa, Xavier Blanch óboe

 

 

http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1464776959.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1464776959.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
RSS galego RSS Eventos

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal