fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Música | Clásica | Mércores 4 xullo
Concerto familiar da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia no Auditorio de Galicia dentro do Vía Stellae

A xornada do xoves 5 de xullo no Vía Stellae trae dúas interesantes propostas dirixidas a todos os públicos. Así, no Auditorio de Galicia poderemos gozar dun concerto familiar coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez. Será a partir das 20.00h e interpretarán un programa de Clásicos Populares con obras de Brahms, Bizet, Tchaikovski, Dvorak e Beethoven. Máis tarde, ás 22.30h, no Teatro Principal poderemos escoitar a música barroca colonial en diálogo co flamenco no concerto ‘Las idas y las vueltas: músicas mestizas’ con Accademia del Piacere e o cantaor Arcángel dirixidos por Fahmi Alqhai que tocará a viola da gamba. As entradas para os concertos, 3€ para a Orquestra e 8€ para a Accademia, están á venta en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal desde as 16.30h.

Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia 

Dende a súa fundación en 1994 permitiu a centos de mozas e mozos instrumentistas completar a súa formación musical participando en espectáculos operísticos e concertos sinfónicos baixo o maxisterio de mestres como Alberto Zedda, Víctor Pablo Pérez, James Judd, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Ross ou Joan Company entre outros. Convertida xa nun dos proxectos educativos máis orixinais do panorama musical español, supón unha das poucas posibilidades reais de achegar aos futuros profesionais á práctica do seu instrumento no seo dunha orquestra sinfónica.

Víctor Pablo Pérez

Director titular desde 1993 da Orquestra Sinfónica de Galicia, á que dotou neste tempo da madureza artística e técnica que a distinguen, está considerado por crítica e público como unha das mellores batutas do panorama español. Dirixiu solistas de primeira liña internacional e orquestras como a Philharmonia e a Royal Philharmonic londinienses, as Filharmónicas de Dresde e Múnic, a Orquestra da Radio de Frankfurt, a Sinfónica de Xerusalén, Santa Cecilia de Roma, Verdi de Milán, Nacional de España, Ciutat de Barcelona ou a Real Orquestra Sinfónica de Sevilla. Recentemente dirixiu a Sinfónica de Berlín no Konzerthaus da capital alemá e a Sinfónica Sueca en Helsingborg. A partir da tempada 2013-2014 será director titular e artístico da Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid.

Accademia del Piacere

É o grupo de referencia da nova xeración da música antiga española. Centrado desde a súa orixe no estudo e interpretación da música do Renacemento e do Barroco, ofrece un amplo abano de programas: desde a exuberante e pomposa música francesa da corte do Rei Sol, pasando pola música virtuosa da Italia de principios do século XVII, ata a música profana e relixiosa española e andaluza do Renacemento e do Barroco. Combina a investigación musicolóxica e o rescate de música nunca interpretada coa gran capacidade técnica dos seus compoñentes, tanto cantantes como instrumentistas. Estes elementos, xunto á forte personalidade musical dos seus fundadores, dotan ao grupo dunha inconfundible e poderosa identidade.

Fahmi Alqhai director

É considerado como un dos novos intérpretes de viola da gamba e de música antiga máis prestixiosos e brillantes da súa xeración. Nacido en Sevilla en 1976, de pai sirio e nai palestina, pasou os seus primeiros once anos de vida en Siria onde comeza a súa formación musical. É requirido polas formacións camerísticas máis importantes da música antiga: Hesperion XXI e Il Suonar Parlante. Actuou ca ONE, OSG, Ensemble Vocal de Lausanne, Orquesta Barroca de Sevilla e Al Ayre Español, entre outras. Ofrece regularmente concertos en toda Europa, Xapón, EUA e Latinoamérica. Realizou numerosas gravacións para selos discográficos, televisións e radios. É cofundador do grupo Accademia do Piacere e do selo discográfico Alqhai & Alqhai. Desde 2009 é director artístico do Festival de Música Antiga de Sevilla.

Arcángel cantaor

Nacido en Huelva en 1977. Colaborou, entre outros, con Jesús Cayuela e José Roca, para La Parrala (1996), Mario Maya, para Los flamencos bailan y cantan a Lorca (1997), e Manuel Soler, para a posta en escena de Por aquí te quiero ver (1998). En 1998 participou en espectáculos como De Cádiz a Cuba, de Mario Maya, partir de aí, seguiu cantando para figuras como Javier Barón e La Yerbabuena, Vicente Amigo, a Orquesta Chekkara de Tetuán, e máis tarde en Galvánicas de Israel Galván (2002), etc. Recibiu o Premio Andalucía Joven 2002 e o Premio Nacional Flamenco Activo de Úbeda e a súa actuación no Palenque, na Bienal de 2002, mereceu o premio Giraldillo ao mellor intérprete de cante.

 

PROGRAMA DA ORQUESTRA NOVA

I

Johannes Brahms (1833-1897)

Danza húngara núm. 5

 

Georges Bizet (1838-1875)

Carmen, Suite núm. 1

Preludio

Aragonaise

Intermezzo

Les dragons de Alcalá

Les toreadors

 

Georges Bizet (1838-1875)

L´Arlesienne, Suites núms. 1 e 2 (sel.)

Carillon

Pastoral

Menuetto

Farandole

 

Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893)

Eugene Oneguin: Polonaise

 

II

Antonin Dvorak (1841-1904)

Sinfonía núm. 9, op. 94 Do novo mundo: 4º mov. (Allegro con fuoco)

 

Ludwig van Beethoven (1770-1827)

Sinfonía núm. 7, op. 92: 4º mov. (Allegro con brío)

 

Piotr Ilich Chaikovski (1840-1893)

Obertura 1812, op. 49

 

PROGRAMA DE ‘LAS IDAS Y LAS VUELTAS’

Accademia do Piacere

Fahmi Alqhai   viola da gamba e dirección

Dani de Morón  guitarra flamenca

Agustín Diassera  percusión

Rami Alqhai  viola da gamba

Miguel Rincón  guitarra barroca

 

Las tierras & las raíces

Improvisación sobre La Spagna

Toná

Improvisación sobre la passacaglia

Romance del Rey Moro

Las morillas de Jaén & Jaleos

 

Músicas mestizas

Folías

Vidalita

Siguiriya

 

Las danzas

Alegrías de Cádiz

Marionas & Canarios

Jácaras & Bulerías

Guaracha & Guajira 

http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1472732251.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org