fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Aproximando lenguajes para una ópera contemporánea
Conferencias, coloquios X. Música Contemporánea
Aproximando lenguajes para una ópera contemporánea
Xornadas de Música Contemporánea 2018
Baixo o título 'Buscando a Clío: aproximando lenguajes para una ópera contemporánea', o compositor Fernando Buide e o dramaturgo Fernando Epelde charlarán aorredor do proceso de creación.
que

'Buscando a Clío: aproximando lenguajes para una ópera contemporánea'

Fernando Buide, compositor

Fernando Epelde, dramaturgo

 

Fernando Buide (Santiago de Compostela, 1980)

A música de Buide ten sido programada por gran parte das principais orquestras españolas (Euskadi, Bilbao, Navarra, Sinfónica de Madrid, ORCAM, RTVE, Tenerife, JONDE, Gran Canaria, Asturias...) así como outras estranxeiras como a Sinfónica de Pittsburgh ou Minnesota. Traballou con directores como Osmo Vänska, Libor Pések, Dima Slobodeniouk, Pablo González, Martínez Izquierdo, José Ramón Encinar, Miguel Hart-Bedoya ou Lorenzo Viotti; particularmente estreita é a súa relación co mestre Paul Daniel, quen dirixiu ata catro estreas absolutas do autor. Doutor pola Universidade de Yale, Buide estudou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh así como nos conservatorios de Santiago e Oviedo, onde se formou como compositor, pianista e organista. Entre os seus mestres de composición destacan Leonardo Balada, Martin Bresnick ou Aaron Kernis. Buide foi compositor en residencia na Real Academia de España en Roma. Entre outros premios recibiu o AEOS-BBVA na súa sétima edición ou o premio Michael Friedmann de investigación da Universidade de Yale. Entre os seus vindeiros proxectos figura a estrea dunha ópera escrita en colaboración col dramaturgo Fernando Epelde coa orquestra Real Filharmonía de Galicia e o mecenado da bolsa Leonardo da Fundación BBVA.

 

Fernando Epelde (Ourense, 1980)

O seu labor como escritor e dramaturgo inclúe, xeralmente, o vínculo con outras disciplinas como a música, o cine ou a performance. A súa obra caracterízase por un certo grao de experimentación formal, moi influído pola edición de vídeo. A fragmentación é unha clave do seu traballo, con un especial mimo polas circunstancias dos seus personaxes. No conxunto da súa obra prima a poesía por riba do experimento, cunha visión política moi definida e un forte vínculo co presente. Abundan entre as súas pezas formatos novidosos con características especiais (pezas con documentación videográfica, anotacións, voces locais, xogos sobre o papel... blogs indexados... etc).  Ademais, Fernando traballou en dúas ocasións en montaxes enfocados cara ao teatro comunitario: Don Juan de Voadora Teatro (Un espectáculo protagonizado por persoas maiores) e Garage, interpretado por mulleres traballadoras das fábricas de Peugeot en Montbèliard e Citröen en Galicia. Ten editados En las ciudades grandes mueres solo (Asociación Amigos del teatro de Marbella) e Andrómenas soa moi antigo (Diario Cultural - CRTVG), ambas en 2017; O ouvido é un cazador de pantasmas (Luzes) e Crudo (Fundación Autor/ III Laboratorio de Escritura Teatral), no 2016; Street Art Symphony (Iberescena), La Guerra silenciosa (CRTVG) e Drone (Fundación Autor), as tres no ano 2015; Estado de Gracia (Fundación Autor), 2014; Irene e Caixa Negra (RGT) en 2013 e 2012, respectivamente; Usted no está aquí (AECID) no 2011 e Om, la música del Universo (INJUVE). Acadou numerosos galardóns como o Premio do Certame de Radio Teatro Ciudad de Marbella, Premio SGAE en 2012 e 2014, Premio Abrente, Premio Tirso de Molina e Premio Marqués de Bradomín ademais do Accésit Lope de Vega. Foi bolseiro e residente na Toji Cultural Foundation de Corea, no Laboratorio de Escritura Teatral Fundación Autor, Iberescena en Berlín, Bolseiro de Dramaturxias Innovadoras do INAEM, por citar algunhas. Entre os seus últimos traballos destacan: Animales Drogados coa dirección de Alejandra Féjerman; Garage, Calypso e a adaptación de A Tempestade, de Marta Pazos; O mundo persistente dirixido por Tito Asorey; Om, la música del Universo de La Trupe; Walkie Talkie coa dirección de Jana Pacheco e Estado de Gracia, dirixido por el mesmo. No cine participou en Syd, Street Art Symphony, O val inquietante, Mapa de Recuerdos de Madrid e Remake Café Flesh.

cando e onde
Mércores 27 xuño 2018
20:30  Paraninfo da UniversidadeFacultade de Xeografía e Historia. Praza da Universidade 1

prezo das entradas
Entrada libre ata límite de aforo
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña.
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org