fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Duo Finisterrae. 10 anos de música XMC 2018
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Duo Finisterrae. 10 anos de música XMC 2018
Xornadas de Música Contemporánea 2018
Con este concerto, o Duo Finisterrae celebra 10 anos de traxectoria, presentado un programa moi especial e estreitamente ligado aos seus encontros persoais e profesionais así como ás súas experiencias musicais durante esta década de traballo conxunto.
que

Duo Finisterrae

Bleuenn Le Friec, harpa

André Cebrián, frauta

 

Duo Finisterrae. 10 anos de música

 

I

Manuel López Jorge (1983)

Jakobsland (2012)

 

Fernando Buide (1980)

Tres Visións (2009)

 

Toru Takemitsu (1930-1996)

Towards the Sea III (1989)

            The Night - Moby Dick - Cape Cod

II

Antón García- Abril (1933)

Tres Vuelos (2013)

 

Pablo Labián (1991)

Don’t shout at me (2015)

 

Vincent Persichetti (1915-1987)

Sérénade nº10, op 79 (1957)

 

Dúo Finisterrae

O dúo de frauta e arpa Finisterrae nace en 2008 na Hochschule für Musik Detmold, en Alemaña, onde André e Bleuenn completan os seus estudos superiores. A súa formación musical lévaos a estudar nos conservatorios de Santiago de Compostela, Salamanca, San Sebastián, París e Frankfurt cos profesores máis prestixiosos do panorama musical actual. Ambos forman parte da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e da GMJO (Gustav Mahler Jugendorchester) o que lles dá a oportunidade de tocar nas salas de concertos europeas máis importantes (Musikverein de Viena, Royal Albert Hall de Londres, Teatro San Carlo de Nápoles, Concertgebouw de Ámsterdam ou Tonhalle de Zúrich). Así mesmo, tocan con frecuencia nas orquestras de Galicia, Castilla y León, Euskadi, Cataluña, Canarias, Liverpool e nas óperas de Frankfurt, Dresden e Barcelona. O dúo ten participado en diferentes festivais en Francia, Alemaña, Suiza e España (Via Stellae, Portos Xacobeos, Festival de Segovia, Música en Compostela, Festival de Musique Classique de Montreux). En 2010 foron seleccionados polo INJUVE para realizar numerosos concertos por toda España. En 2015, participan no Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril, do que reciben o Terceiro Premio ex aequo, así como o premio pola mellor interpretación dunha obra de A. García Abril pola obra Tres vuelos. Nese mesmo ano foron premiados no ciclo El Primer Auditorio da Fundación Più Mosso, A súa faceta como intérpretes non se limita á formación de dúo, senón que é habitual escoitalos con outro tipo de agrupacións como é o caso do trío de frauta, viola e arpa ou o Natalia Ensemble. Así mesmo,  André e Bleuenn coa colaboración do clarinetista Angelo Montanaro e baixo a dirección escénica de Ana Vallés, son os protagonistas de Otra noche en la Ópera un espectáculo músico-teatral, onde asumen un labor máis didáctico co obxectivo de achegar a música clásica a todo tipo de público. Na actualidade, Bleuenn e André compaxinan a súa actividade concertística coa docencia no Conservatorio Superior de A Coruña e a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela a primeira e no Conservatorio Superior de Música de Aragón, o segundo. 

____

Con este concerto, o Duo Finisterrae celebra 10 anos de traxectoria, presentado un programa moi especial e estreitamente ligado aos seus encontros persoais e profesionais así como ás súas experiencias musicais durante esta década de traballo conxunto. Por un lado, presentarannos obras piares do seu repertorio habitual dende a súa creación. Towards the Sea III de Toru Takemitsu, coas súas sonoridades orientais, invitaranos a unha viaxe polos mares lonxanos grazas á atmosfera creada polos timbres tan peculiares desta formación. Tamén escoitaremos a Serenade op.10 de Persichetti, un dos primeiros exemplos da utilización de sonoridades contemporáneas no repertorio de frauta e arpa. 

A outra parte do programa presentará pezas compostas ou revisadas para o Dúo Finisterrae, testemuñas da súa implicación coa creación e co repertorio actual. Os Tres Vuelos de Antón García Abril, cuxo segundo movemento estrearon no Auditorio Nacional de Música no 2015, soará por primeira vez en Galicia. Don’t shout at me de Pablo Labián, dedicada ao frautista André Cebrián, mostraranos un claro exemplo de colaboración e emulación entre o compositor e o seu intérprete.  

Por último, ao longo do concerto poderemos redescubrir Jakobsland, obra do compositor compostelán Manuel López Jorge, dedicada ao Dúo e estreada no 2013 no seo do Festival Música en Compostela, onde Manuel seguiu o ensino de Antón García Abril. Tamén escoitaremos as Tres Visións de Fernando Buide, especialmente revisadas para a ocasión por este destacado compositor compostelán, para redondear un programa intimamente ligado ás vivencias do dúo na comunidade galega. 

cando e onde
Martes 26 xuño 2018
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada libre ata límite de aforo
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org