fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'Silent Wifi music experience', Javier Otero Neira
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
'Silent Wifi music experience', Javier Otero Neira
Xornadas Música Contemporánea 2018
Javier Otero forma parte dunha nova xeración de pianistas novos españois con proxección nacional e internacional. O concerto baixo o título 'Silent Wifi music experience' abrangue obras de French Bach, Octavio Vázquez, María Mendoza, Arvo Pärt, Einojuhani Rautavaara e Alberto Ginastera.
que

Javier Otero Neira, piano
'Silent Wifi Music Experience'
French Bach (arr. Abe Rábade)
 
Octavio Vázquez (1972) 
Preludios (selección) (2001) 
 
Arvo Pärt (1935)
Partita op. 2. Larghetto (1959)
 
María Mendoza (1975) 
Tres Cantigas (2013)
         Ondas do mar de Vigo - Mandad'ei - Mha irmana fremosa 
 
Einojuhani Rautavaara (1928– 2016) 
Estudios Op 42 (1969) 
         Tritonukset - Terssit - Sekunnit - Kvartit 
 
Octavio Vázquez (1972) 
Galician Folk Dances (selección) (2006)
 
Canción e danza núm 6 (arr. Abe Rábade)
 
Alberto Ginastera (1916 –1983)
Suite de Danzas Criollas op. 15 (1946) 
         Adagietto pianissimo - Allegro rustico - Allegretto cantábile - Calmo e poético - Scherzando - Coda: presto ed energico 
French Bach é unha mistura da Gymnopedie 1 de Satie, Aria de Bach das Goldberg, e impros de Abe. 
A Chanson é unha revision da Canción e Danza 6 de Mompou tamén con arranxos de Abe. 

Javier Otero, piano

Javier Otero Neira mergúllese con éxito e admirable refinamento no universo do Impromptu, a través de páxinas de Chopin, Schubert e Fauré. Un valor a considerar
Justo Romero - Revista Scherzo

Javier Otero forma parte dunha nova xeración de pianistas novos españois con proxección nacional e internacional. Inicia os seus estudos musicais na súa vila natal (A Estrada - Pontevedra). Formado cos pianistas Nicasio Gradaille e Ángel González, trasládase ao Real Conservatorio Superior de Música de Madrid para cursar os seus estudos superiores coa catedrática Almudena Cano. Gañador de premios en concursos nacionais e internacionais, destaca o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano Blüthner (Alemaña). Actuou en directo para Radio Clásica e participou en gravacións para a televisión de Croacia, TVE e TVG. Especialmente destacables foron as súas interpretacións na Fundación Juan March (Madrid), o Instituto Cervantes de Toquio e dentro do ciclo de pianistas ‘Ángel Brage’ do Auditorio de Galicia, sendo o primeiro pianista español convidado; tamén foi o primeiro pianista galego en realizar unha xira coa Real Filharmonía de Galicia. Conta con dous traballos discográficos: Impromptus (2015) e Galician Folk Songs (2016), xurdido da creación dun concurso de composición de obras para piano só con temática galega. No seu achegamento a diferentes músicas, iniciou hai uns anos un proxecto co pianista de jazz Abe Rábade ‘Dúas visións a Dous pianos’. Ademais de intérprete, é o director artístico do Festival Piano Meeting, que celebrou a súa primeira edición no 2017 en Ourense.

____

Un concerto anovador, unha experiencia multisensorial suxestiva e íntima, unha viaxe cun piano silencioso... No silencio da noitiña, un piano de cola Yamaha equipado coa novidosa tecnoloxía Silent, audible a través de auriculares wifi, ofrece unha experiencia única para o público, que pode percorrer libremente nun radio de 500 metros inmerso nun microcosmos auditivo. O programa escollido para esta experiencia musical recolle música de autores contemporáneos, música popular trasladada ao piano e clásicos revisitados, incluíndo a visita a Galicia do Pergamiño Vindel coa música de Martín Códax. Os compositores galegos Octavio Vázquez e María Mendoza comparten programa co arxentino Ginastera, o finés Einojuhaani Rautavaara e o estonio Arvo Pärt. 

Hai dezanove posibles trichords (sen incluír transposicións e inversións). Esta colección de dezanove preludios de piano composta polo compostelán Octavio Vázquez aborda cada un deles, cada preludio toma unha versión particular dun trichord e repiteo en forma de ostinato en todas partes. Depende da melodía ou melodías crear unha sensación de tensión e forma harmónicas. A selección de Galician Folk Dances pertencen a dous grupos de obras con temática galega compostas por Octavio Vázquez, escritas orixinalmente para violín e piano e as Three Galician Pieces for Piano, gañadoras do Primeiro Premio do concurso que convocou Javier Otero para a gravación dun disco que leva o nome de Galician Folk Songs. En todas, a temática galega está revisada dende un punto de vista actual e aproveitando as posibilidades do piano para recrear os sons das nosas melodías populares. 

As Tres Cantigas de María Mendoza están baseadas nas Cantigas de Amigo do trovador galego Martín Codax, concretamente, nas primeiras das sete que forman esta única obra do autor que nos chegou a través dos cancioneiros de lírica galaicoportuguesa e do ‘Pergamiño Vindel’. Martín Codax deixou estas melodías que a compositora María Mendoza toma prestadas para crear un universo sonoro peculiar que fai viaxar no tempo e no espazo.

A música para piano non é a máis coñecida na obra de Arvo Pärt, sen embargo, as pezas escritas para ese instrumento son moi representativas dos cambios experimentados no seu estilo e da evolución no modo de afrontar a tarefa compositiva ao longo dos anos. As primeiras composicións de Pärt para piano reflicten máis a influencia de outros autores que a voz propia que aínda está por chegar. Na Partita, a presenza do serialismo é maior que en pezas anteriores pero comezan a apreciarse reminiscencias que máis tarde, serán sinais de identidade da música de Pärt: a música medieval e a barroca. Dividida en catro movementos, curtos os dous primeiros e algo máis longos os dous restantes, repite o xogo das dúas sonatinas, cronoloxicamente anteriores, entre os momentos de ritmo case frenético e os máis tranquilos, case estáticos, especialmente no Larghetto. 

Segundo Einojuhani Rautavaara, a intención de escribir os Estudos foi "... reintroducir un estilo de piano amplo e sonoro usando toda o teclado na súa máxima extensión..." Tamén el mesmo refire estas pezas como "experimentos de intervalo", e que a excepción do primeiro dos estudos (Terssit) todas as pezas explotan disonancia.

A Suite de danzas criollas, op. 15 de Ginastera é unha obra de transcrición entre os seus períodos de nacionalismo obxectivo e subxectivo e amosa a súa mestría no piano. Os títulos de cada unha das pezas dan mostra explícita do lugar desde o que o compositor emite a súa mensaxe, materializan a imbricación que este propón constantemente entre o académico e o folclórico / prehispánico: non hai unha referencia directa, un nomeamento das danzas folclóricas, como tampouco van a atoparse utilizacións de ritmos, xiros, frases, etc. tal como se poden encontrar en estudos e investigacións musicolóxicas ou recompilacións de campo. Ginastera non transcribe ese patrimonio do que, en cambio, si se serve como ferramenta de expresión. 

cando e onde
Mércores 20 xuño 2018
21:30  Praza de Cervantes

prezo das entradas
Entrada libre

de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org