fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'O pulso da fala'
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
'O pulso da fala'
Xornadas de Música Contemporánea 2018
José Vicente Faus, Fernado Buide del Real e as/os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicáis (EAEM), interpretarán diferentes obras de compositores contemporáneos como Martin Bresnick, John Bergamo, John Cage ou Fernando Buide.
que

José Vicente Faus, Fernando Buide del Real e alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais


Martin Bresnick (1946)

Caprichos Enfáticos

I. Farándula simple  - II. Farándula de charlatanes

III. Estragos de la guerra - VI. Extraña devoción!

 

John Bergamo (1940-2013)

Piru Bole (1986)

 

John Cage (1912-1992)

Living Room (1940)

 

Anónimo del Códice Calixtino (S. XII)

Dum pater familias (arranxo de Fernando Buide)

 

Steve Reich (1936)

Clapping Music (1972)

 

Fernando Buide (1980)

O pulso da fala (2018)

 

Martin Bresnick

Caprichos enfáticos

VIII. Farándula doble

 

Jose Vicente Faus Faus é timbal da Real Filharmonía de Galicia e profesor da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. É membro do grupo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) e do dúo de música contemporáneo COLLOQUY para saxo e percusión, onde obtiveron o diploma honorífico no Torneo Internacional de Música de Zaragoza. Foi membro do grupo de percusión de Zaragoza Per-secusión Ensemble. Entre as orquestras das que foi invitado constan: Orquesta Sinfónica Principado de Asturias, Orquesta Ciudad de Oviedo, Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Orquesta Sinfónica de Castellón, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica de Sevilla, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Orquesta Ciutat de Barcelona i Nacional de Catalunya, Orquesta de Cadaqués e Orquesta Grupo Enigma Zaragoza. Foi profesor do Conservatorio Profesional de Música de la Rioja así como na Joven Orquesta de Cataluña (JONC) e Orquesta Joven de Andalucía (OJA). Ten realizado diversas clases maxistrais e cursos de percusión en España. Protagonizou a estrea coa RFG en España do Concerto for Flute, Percussion and String Orchestra de Daniel Schnyder.  

 

Pablo del Valle Prieto nace en Vilalba (Lugo) no ano 1991. Estuda o grao profesional no Conservatorio Xoan Montes de Lugo da man de Diego Ventoso e Javier A. Gómez. En 2017 obtén o título superior polo Conservatorio Superior da Coruña con matrícula de honra coa mestra Pilar G. Ríos. Durante a súa formación asiste a clases maxistrais con Markus Leoson, Lorenzo Ferrándiz, Romain Kuonen, Nuno Aroso, César Peris (CSMA) Guido Rüeckel (Filharmónica de Múnich), Nick Woud (Royal Concertgebouw). É solista da Banda de Música de Ferrol e membro da Orquestra Gaos da Coruña. No eido camarístico é membro do dúo para clarinete e percusión Too co que participou no IV Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL SONS XXI. Na actualidade é profesor do Conservatorio do Liceo La Paz da Coruña e das Escolas de Música de Vilalba e Burela.

 

Marta Rodríguez Figueirido nace en Ourense en 1988. Alí remata o grao Profesional séndolle outorgado o Premio de Fin de Grao. Entre 2008 e 2011 estudia na EAEM con Vicent Faus e, desde 2009 a 2015 é membro da OJSG onde recibe clases dos percusionistas da OSG, especialmente de Alejandro Sanz, o seu profesor desde os 16 anos. Realiza os seus estudos superiores no COSMAC e na Universidade do Minho (Braga) co prestixioso percusionista Nuno Aroso, con quen acada a Licenciatura de percusión conseguindo a máxima cualificación no seu recital final, e, dous anos máis tarde conclúe o Mestrado de Ensino en Música tras defender a súa tese: “Aplicación de Metodoloxías do deporte con balón na aprendizaxe da percusión: Fútbol Sala e Percusión”. Tese na que xunta a súa outra paixón, xa que é deportista de alto nivel, xogadora internacional de fútbol sala de Primeira División no Ourense Envialia. Actualmente está estudando o curso de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestral en Santiago de Compostela e integra xunto con Sabela Caridad o dúo de percusión Dúas, tamén é percusionista en Herdeiras e colabora coa OSG nalgúns programas.

 

Sergio Suárez Lodeiro comeza os seus estudos de percusión co profesor Gustavo Pazos, para continualos no conservatorio profesional de Santiago de Compostela cos profesores Juan Collazo e Ton Risco. Actualmente cursa o último curso no conservatorio superior da Coruña co profesor Luis Sobrevela, e ao mesmo tempo tamén recibe clases na EAEM co profesor José Vicente Faus. Colaborou ca Xoven Orquesta de Barcelona, Joven Orquesta de Malaga, Orquesta GAOS e Orquestra da EAEM entre outras. Ademais compaxina os seus estudios de percusión cos estudos de dirección no Conservatorio Superior da Coruña e da clase de percusión en diversas escolas de música.

 ______

Caprichos enfáticos do profesor de Composición e coordinador do Departamento de Composición na Universidade de Yale Martin Bresnick, está baseada nos gravados Os desastres da guerra de Goya. Son a terceira parte desta serie, que narra o período absolutista do monarca Fernando VII. A peza está escrita para piano e catro percusionistas combinando música con proxeccións de imaxes tomadas de Goya. Todo comeza case infantilmente cunha Farandula simple interpretada pola marimba, xilófono e os demais instrumentos que medra cara ao macabro O piano entra na Farándula de charlatanes, ‘presumindo’ da súa propia valía mentres a percusión continúa ‘enredando’. Os militares chegan a Estragos de la guerra, xa que os intentos do piano de tocar un sombrío tema con lembranza a Satie son reducidos repetidamente baixo a disciplina marcial dos grandes tambores. Extraña devoción! incorpora o recitado do Pater Noster en latín como parte do discurso musical. O movemento e a coreografía dos músicos é un elemento inseparable na creación desta obra, en particular, no arranque da peza.

O percusionista e compositor norteamericano John Bergamo escribiu en 1986 Piru Bole, obra inspirada nos ritmos propios do tablá, instrumento orixinario do leste de India. Polas súas características, esta peza pode ser interpretada con instrumentos procedentes de diferentes culturas tradicionais. E aínda que se basea nos conceptos de percusión das Indias Orientais, non é tradicional, senón que está máis na liña con algúns dos experimentos que suceden co conxunto de percusión non tradicional en toda a India.

Living Room Music foi escrita por John Cage para catro percusionistas que fan sons co mobiliario habitual do salón dunha vivenda común.  Polo pouco habitual e heteroxéneo da instrumentación, concíbese como unha peza de percusión, particularmente o primeiro e último movemento. O segundo, inclúe unha referencia textual ao poema The World is Round de Gertrude Stein que, a criterio dos intérpretes, pode ser recitado ou cantado. Ademais, a interpretación do terceiro movemento é opcional, e debe incluír unha melodía tocada polos músicos en instrumentos apropiados para iso (sen especificar, dentro da liberade de elección, nin timbre nin familia).

Un exemplo do uso heterodoxo da percusión na linguaxe contemporánea é Clapping Music de Steve Reich, autor norteamericano pioneiro no desenvolvemento da música minimalista. É unha obra para dous intérpretes dando palmas como unha vía de experimentación musical utilizando só o corpo humano. A peza baseada nunha serie rítmica inicial de doce sons, tocada ao unísono por ambos intérpretes ao comezo da partitura e desenvolvida nun complexo e intricado discurso polirrítimico mediante modificacións no tempo dun dos intérpretes, que van encadeando ambas series; mentres un deles repite a serie inicial sen variacións, o outro despraza o seu son paulatinamente ata afastarse un pulso completo do primeiro, oscilando nesta distancia rítmica ata que, ao final, ambos volven a coincidir.

O compostelán Fernando Buide del Real fala así da súa obra completada no ano 2018: O pulso da fala está escrita para piano e catro percusionistas. O título da obra xorde da intención de remedar cos instrumentos o pulso e o ritmo dunha animada conversa entre varias persoas. Ademais de moitos motivos fragmentarios que se presentan en unísono en vibráfono, marimba e piano, a obra desenvolve un bo número de ostinatos e patróns rítmicos que se alternan e superpoñen creando unha textura musical sempre cambiante. As acumulacións destas superposicións son o impulso que vai creando a narrativa da obra. A sección de percusión conta con instrumentos como o vibráfono e o xilófono, con altura determinada, así como un xogo de macetas, que aportan unha entoación menos definida. Ademais tamén se usan un bombo e un güiro. Esta instrumentación pretende buscar unha sonoridade cristalina ao tempo que tremente.”

Arquivos adxuntos

cando e onde
Xoves 14 xuño 2018
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada libre ata límite de aforo
de interese
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e contan coa colaboración da Deputación de A Coruña Web - http://auditorio.com...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org