fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O corpo ocupado
Danza | ContemporáneaTeatro&Danza
O corpo ocupado
Taller impartido por Janet Novás
Dentro do programa de actividades paralelas do ciclo de Teatro&Danza, temos este obradoiro impartido por Janet Novás. Para un máximo de 20 persoas, a inscrición é de balde no mail teatroprincipal@santiagodecompostela.gal. O obradoiro é previo ao espectáculo que Novás nos presenta o día 26 'Si pudiera hablar de esto no haría esto' e está enmarcado dentro de Wom@rts, proxecto financiado polo programa Europa Creativa da Comisión Europea, no que participa o Concello de Santiago a través do Auditorio de Galicia.
que

Nos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que determinan as decisións que toma e que perfilan os seus traballos: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que pon en cuestión a primeira. En  ' Si pudera hablar de esto no haría esto', espectáculo que poderemos ver o 27 de abril no Teatro Principal, Novás privilexia os materiais que deveñen das pulsións para afastarse desoutra faceta discursiva. Lonxe de formular un discurso ou tender unha reflexión colectiva, a artista entrégase ao xogo co corpo, co tempo e o espazo que a arrodea para compartir sensacións, iniciar un camiño a través das súas experiencias e necesidades de expresión, nunha peza na que a acción, a entrega o compromiso e a responsabilidade se volven imprescindibles. 

"Náceme, sáeme, precisa saír e manifestarse. Non sei que é, nin como se chama, só sei que existe e quere ser visible. Quere falar e ser, ser algo tanxible para poder ser certo e verdadeiro á mirada allea e á miña propia mirada. Quere manifestarse dende unha imaxe, dende o son, dende o silencio. Quere nacer aínda que morra nese instante. E eu estou ao servizo para que iso suceda" Janet Novás.

cando e onde
Xoves 26 abril 2018
16:00 a 20:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
De balde previa inscrición en teatroprincipal@santiagodecompostela.gal
de interese
Enmarcado dentro de Wom@rts, proxecto financiado polo programa Europa creativa da Comisión Europea.
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org