fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Encontro con Nobuhiro Suwa
Cinema | Aulas e coloquiosA COR DAS PALABRAS
Encontro con Nobuhiro Suwa
Presenta 'O león dorme esta noite'
'A cor das palabras. Encontros con cineastas', actividade promovida polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX, recibe a Nobuhiro Suwa, un dos grandes autores do cinema contemporáneo. Presenta: 'O león dorme esta noite: un filme como un entroido', que terá a súa estrea en salas de toda España o venres 27 de abril da man de Numax Distribución.
que

Nobuhiro Suwa chega especialmente desde Xapón para nos falar do proceso creativo do seu novo filme, 'O león dorme esta noite', que terá a súa estrea en salas de toda España o venres 27 de abril da man de NUMAX Distribución. Estreado na Sección Oficial de San Sebastián, 'O león dorme esta noite' conta como gran protagonista co grande actor Jean-Pierre Léaud, que encarna a Jean, un nomeado actor de cinema, convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista d'Os 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.

A sesión contará con tradución en director desde o xaponés grazas á colaboración da Casa Galicia-Japón. O encontro leva por título Un filme como un entroido, e conta entrada gratuíta até completar aforo. Podedes reservar xa a vosa entrada no correo acordaspalabras@santiagodecompostela.gal, indicando nome completo e número de contacto.

cando e onde
Domingo 29 abril 2018
11:30  NumaxConcepción Arenal 9981560250

prezo das entradas
Entrada é gratuíta previa reserva no correo acordaspalabras@santiagodecompostela.gal
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org