fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
LUZ CASAL
Música | VariosMúsica
LUZ CASAL
Presenta 'Que corra el aire'
Luz Casal, unha das artistas mais prestixiosas do noso país, anuncia o seu regreso con material inédito e xira. Volve a Compostela para presentar o seu novo álbum, "Que corra el aire", que saíu ao mercado o día 2 de marzo. Este novo disco acompáñase dunha xira que empezou o día 16 de marzo e que a leva, despois de tres anos, a todos os recunchos do país.
que

A produción do disco corre a cargo de Ricky Falkner, quen estivo á fronte do son dos traballos recentes de artistas como Love of Lesbian ou Quique González, entre outros.  O resultado vai satisfacer aos seus seguidores mais fieis e sorprenderá a todos aqueles que aman a boa música.

Por primeira vez o álbum foi gravado e mesturado no noso país. Os músicos que participaron na gravación tocaron integramente en directo.

Jairo Zavala (Depedro), Diego García, o Twanguero, Xavi Molero, Martín Bruhn, Josep Mª Baldomá, Tino di Geraldo e o propio Ricky engadiron ás súas guitarras, ao baixo, á batería, á percusión e aos seus teclados o seu amor polo rock e iso queda reflectido nesta marabillosa produción.

 

cando e onde
Sábado 5 maio 2018
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Desde 32€ máis gastos de xestión
puntos de venda
www.ticketea.com

O día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org