Todas estas linguaxes presentaranse deconstruídas e posteriormente unidas nun divertido e instrutivo puzzle. Tratase dun xogo co público, seguido dunha conversa, que lonxe de destripar o xoguete teatral, aumenta o seu interese como espello pública e instrumento de reflexión.
Nesta ocasión , aparte das linguaxes xa citadas traballarán algúns casos singulares, como a versión do texto desde unha variante tan próxima á nosa lingua como é o portugués do Brasil. Outra singularidade é o uso da música en directo, sobranceando a súa función ambiental, para facer dela un factor narrativo e, finalmente , a relación do teatro co cinema e a influencia deste na nosa biografía sentimental. Non é pouco. Contará a sesión coa presenza, para alén do elenco, de todas as persoas creativas que contribúen ao proxecto.
Data da residencia
14 maio - 1 xuño 2018