fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Inauguración 'Perencontro'
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración 'Perencontro'
De Alejandra Pombo
Perencontro (a través do encontro) é un concepto polo cal Alejandra denomina o evento estético como un modo de encontro –que non se trata de enfrontamento nin de intercambio, disolución, transmisión, contacto ou identificación– senón dun modo de encontro que cree vínculo como espazo fenomenolóxico que implica un “entre”. Perencontro con catro artistas invitados: María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.
que

Alejandra Pombo (Santiago de Compostela, A Coruña,  1979). Doutora en belas artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introdución da noción de performance no campo da arte. O o seu traballo artístico atópase na fronteira das artes visuais, o cinema e as artes en vivo para explorar o concepto de presenza a través de diferentes aproximacións. Actualmente, o seu traballo céntrase na realización de películas nas que xa non só experimenta o modo de realizalas senón tamén o modo de dalas a ver.

Proxectos artísticos destacados nos que colaborou ou ten participado: o proxecto Mugatxoan realizando diferentes talleres e residencias artísticas na Laboral, Fundaçao Serralves e Arteleku, o Primeiro Proforma 2010 no MUSAC cos artistas Txomin Badiola, Sergio Prego e J. Mikel Euba e en diferentes proxectos coas artistas María Jerez, Loreto Martínez Troncoso (Las Invictas), e os coreógrafos Mårten Spångberg  e Juan Domínguez.

Outras residencias que lle foron concedidas: I-Park Foundation (Conneticut), Atlantic Center for the Arts (Florida), PACT-Zollverein (Essen), Space Programme (Celbridge), DOCH (Estocolmo), La Casa Encendida (Madrid), o CA2M (Madrid), Matadero (Madrid), MAC (A Coruña), La Caldera (Barcelona) e en L’Estruch (Sabadell). As súas obras foron presentadas en diferentes festivais, museos e centros de arte, destacando Tabakalera de San Sebastián, Festival Loop, MARCO de Vigo, Aesthetica Short Film Festival, Festival In-presentable, Pact Zollverein, Arteleku, Fundaçao Serralves, A Laboral de Xixón, CCCB, Matadero Madrid, Festival Cineuropa, a Casa Encendida e o Festival Escenas do Cambio. Unha das súas últimas exposicións foi Miradas IV no Centro Torrente Ballester, onde expuso un traballo escultórico en relación coa súa última película Wild Palms.

cando e onde
Mércores 9 xaneiro 2019
19:30  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

prezo das entradas
Entrada libre
de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h
domingos de 14.00 a 19.00 h
luns pechado
de interese
Inauguración:

Entrada libre
Non é preciso presentar invitación

Calquera modificación na hora e día de inauguración será anunciada con antelación Web - vampirillasilvestre.net
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org