fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Resaca
Teatro Teatro&Danza
Resaca
ilMaquinario Teatro
No verán de 2016, os membros de ilMaquinario Teatro deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Os restos que esta persoa deixa en forma de cadernos, diarios, investigacións sobre a súa familia, lembranzas e fotografías, son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles.
que

• De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables?

• Somos quen de atopar respostas á preguiza do mundo contemporáneo botando a vista atrás e tratando de saber de onde procede este sentimento?

• Somos realmente tan diferentes dos nosos antepasados?

Reflexionando sobre esas preguntas, os actores tratan de revivir certos momentos do pasado transitando entre os límites da realidade e a ficción para poder comprender algo do presente e o futuro, para procurar espazos de pausa e rebeldía nos que poder investigar sobre as súas orixes.

Resaca é o resultado da investigación documental dos vestixios deixados por Álex, unha tentativa por recompoñer a historia de alguén a quen non acabaron de coñecer de todo. Un xeito de falar dunha xeración a través dunha persoa común.

#POSFUNCION: Comentaremos o espectáculo nun coloquio aberto ao público ao remate da función do VENRES, 2. Ademais de membros do equipo, estarán Enya Antelo Alvite e Aldara Cidrás Fuentes, xunto con Camilo Franco como xa é habitual.

Ficha do espectáculo

Elenco: Melania Cruz | Fernando González | Fran Lareu | Laura Míguez | Vadim Yukhnevich

Dirección: Tito Asorey
Dramaturxia: Tito Asorey / Ana Carreira
Deseño de escenografía: Laura Iturralde/Montse Piñeiro
Construción da maqueta:Fran Lareu
Audiovisuais: Diego Blanco / Laura Iturralde
Fotografia e video:Aitor Uve
Director musical: Vadim Yukhnevich
Produción: Fran Lareu
Construción de escenografía e atrezzo: José Manuel Faro “Coti”/ Laura Iturralde / Montse Piñeiro
Iluminación: José Manuel Faro “Coti”
Vestiario: Ilmaquinario Teatro
Deseño gráfico: José Lameiras
Unidade didáctica: Melania Cruz
Axudantía de dirección: María Peinado Casal

cando e onde
Venres 2 - Sábado 3 marzo 2018
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
12 euros
Descontos do 50% para os seguintes colectivos:
- Desempregados
- Maiores de 65 anos
- Xubilados
- Menores de 25 anos
- Estudantes
- Familias monoparentais
- Familias numerosas
- Perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os dí­as que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

981 910 544
de interese
Para maiores de 14 anos
Duración aproximada 70 minutos
#posfuncion o venres 2
Web - https://www.ilmaquin...
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org