fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Inauguración Global Complexity de Amine Asselman
Arte | Vídeo/Instalacións
Inauguración Global Complexity de Amine Asselman
Nova intervención na Zona C
Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. 'Global complexity' é unha evolución de 'Connected' unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid e que mostra a contradición da conectividade e a globalización fronte ás barreiras e as fronteiras.
que

Vivimos nun mundo capitalista que propuxo ‘a globalización’ como solución aos conflitos da humanidade, unha solución que pretendía abrir fronteiras, pero o que conseguiu realmente foi levantar muros e valos. Unha cultura de fronteiras que forma parte do noso desenvolvemento (Reviel Netz, 2015).

As fronteiras non son só esas barreiras que separan países en conflito, estas atópanse dentro dun mesmo país ou mesmo cidade, a urbanización actual xera novas formas de mobilidade pero tamén xera fronteiras entre o centro e a periferia. Na cidade globalizada vense todas as contradicións do desenvolvemento urbano, cada vez máis marcado polas desigualdades, as barreiras espaciais e a separación entre clases (Marc Augé 2009).

'Global complexity' intervén o espazo Zona "C" a través do dibuxo dixital dunha serie de postes eléctricos de varios tamaños, estes soportan os cables eléctricos onde o artista introduce pugas propias do arame de espiño. Estes postes –moi presentes na nosa paisaxe– son símbolos de conectividade e globalización, mentres que as pugas aluden ás barreiras e fronteiras, que cada vez están mais presentes na nosa paisaxe cotiá.

 

Amine Asselman (Toulouse, Francia, 1989 ) é licenciado en Belas Artes, sección de deseño publicitario polo Instituto Nacional de Bellas Artes de Tetuán, Marruecos.

 

 


cando e onde
Venres 12 xaneiro 2018
20:00  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

prezo das entradas
Entrada de balde

Para a inauguración non é preciso presentar invitación


de interese
HORARIO ZONA "C"
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00h domingos de 14.00 a 19.00h luns pechado Web - amineasselman.com/
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0