fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Nicasio Gradaille
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Nicasio Gradaille
Xornadas de Música Contemporánea 2017
Nicasio Gradaille interpreta ao piano ao compositor Lizée quen comenta dos seus 'Études. Hitchcock and Kubrik' que as obras tratan de escarvar nos mundos de directores de cine icónicos, cada un cun estilo de seu, e que supuxeron un grande impacto na súa estética.
que

Études. Hitchcock and Kubrik

 

Nicole Lizée (1973)

Music on  lms by Hitchcock and Kubrik Études for piano, soundtrack and video

(O resplandor, A laranxa mecánica, 2001: Odisea no espazo, Psicose, O home que sabía demasiado, A soga, Os Paxaros)

 

Nicasio Gradaille

Afincado en Vigo onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela. Doutor pola Universidade de Vigo cunha Tese sobre o Concert for Piano de John Cage de quen gravou para a Radio Galega as súas Sonatas and Interludes, impartiu seminarios sobre a súa obra para piano en diversos conservatorios europeos: Gante, Leeds, Viena, Aveiro ou Londres (Royal College of Music). Interesado na música contemporánea, participou nos festivales Via Stellae (Santiago de Compostela), Semana do Corpus (Lugo), Espazos Sonoros (Ourense, Vigo, Sada), Semana de Música Religiosa (Cuenca) ou Festival Internacional de Música y Danza (Granada). Gradaille foi galardoado co Primeiro Premio no Concurso Internacional Xavier Montsalvatge (Música para Piano do Século XX) de Girona e no Concurso Nacional Gregorio Baudot de Ferrol. Estudou no Conservatorio Superior de Música de Coruña, con Natalia Lamas, no Conservatorio Profesional de Vilaseca con Cecilio Tieles e na Musik-Akademie der Satadt Basel (Basilea, Suíza), con Peter E er. Tamén recibiu clases en Santiago de Compostela con Martín Millán. Colabora frecuentemente coa Real Filharmonía de Galicia.

___

Nicole Lizée comenta dos seus Études. Hitchcock and Kubrik que as obras tratan de escarvar nos mundos de directores de cine icónicos, cada un cun estilo de seu, e que supuxeron un grande impacto na súa estética. O punto de partida foi a preocupación pola fiabilidade dos medios. A tecnoloxía pode fallar, e pode fallar de xeito estrepitoso, creando, non obstante, sons e imaxes fascinantes. Cada unha destas series de estudos parte de gravacións e vídeos dos filmes destes grandes autores, aínda que deconstruídas. As imperfeccións e erros resultantes son tecidos conxuntamente para crear unha paisaxe sónica sobre a que o piano interactúa, emulando os trazos característicos dos medios audiovisuais cando funcionan mal. Vexamos, pois, baixo que luz volven refulxir cintas tan emblemáticas como O resplandor, A laranxa mecánica, 2001: Odisea no espazo, Psicose ou Os paxaros.

cando e onde
Sábado 18 novembro 2017
20:30  Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Rúa Valle Inclán s/n

prezo das entradas
Acceso libre até completar o aforo
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org