fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Sigma Project
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Sigma Project
Xornadas de Música Contemporánea 2017
Sigma Project, máis que un cuarteto de saxofóns, é a materialización dun desexo cumprido, un vehículo imprescindible para a música instrumental do século XXI. Se o cuarteto de corda foi o instrumento por excelencia da música culta en séculos pasados, Sigma Project reivindica ese papel para o cuarteto de saxofóns na actualidade.
que

Lecturas diferenciadas

 

Georg Friedrich Haas. Saxophone Quartet (2014)

Jacobo Gaspar. Figuras con sólidos e líquidos (2017)**

Peter Eötvös. Lectures différentes (2015)

Hilda Paredes. Espacios intemporales*

Alberto Posadas. Knossos (2016)

 

 

*Estrea absoluta. Encargo do Sigma Project

** Estrea absoluta. Encargo do CNDM


Programa de man

 

Sigma Project

Sigma Project, máis que un cuarteto de saxofóns, é a materialización dun desexo cumprido, un vehículo imprescindible para a música instrumental do século XXI. Se o cuarteto de corda foi o instrumento por excelencia da música culta en séculos pasados, Sigma Project reivindica ese papel para o cuarteto de saxofóns na actualidade. Na súa xa dilatada traxectoria, o cuarteto realizou máis de 150 concertos en auditorios de medio mundo: Estados Unidos, Arxentina (Teatro Colón), México (Palacio de Bellas Artes), Chile, Alemaña, Escocia, Francia, Italia, Polonia e Romanía.

Os seus compoñentes séntense imaxinativos exploradores, capaces de estimular aos compositores que se achegan ao seu son, xerando novas gramáticas nun verdadeiro laboratorio sonoro, como o fan os proxectos desenvolvidos con Alberto Posadas (ciclo Poética del Laberinto) e José María Sánchez- Verdú (ciclo KH RA). Esta dinámica ten xerado máis de 40 estreas absolutas dos compositores máis importantes do panorama internacional e desenvolvido proxectos multidisciplinares con outras artes: vídeo, danza, literatura, teatro ou pintura. No eido discográ co, Sigma Project aporta o seu propio selo, Sigmarecords, co que edita o CD Utopías: New Music fo Sazophone Quartet e o DVD La Música para Saxofón de Félix Ibarrondo. En 2017, Sigma Project presenta a estrea absoluta de seis novas obras de Alberto Posadas e Helga Arias (España), Hilda Paredes e Javier Torres-Maldonado (México), Simone Movio (Italia) e Rodrigo Lima (Brasil) na súa xira de concertos polos auditorios de Santiago de Compostela, Madrid, Bilbao, San Sebastián, Badaxoz e Sevilla, así como en Bos Aires (Teatro Colón e Auditorio CCK), Santiago de Chile (Auditorio GAM) e Cidade de México (El Colegio Nacional). Sigma Project desenvolve a súa actividade co apoio do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, o Instituto Etxepare da Eusko Jaurlaritza (Goberno vasco) e a casa alemá Ernst Von Siemens Musikstiftung. O cuarteto emprega instrumentos SELMER, accesorios VANDOREN e conta coa asistencia técnica de PUNTO REP.

____

Obras recentes, por non dicir novas, de cinco compositores internacionalmente consolidados e procedentes de diferentes países conforman o núcleo deste concerto protagonizado polo cuarteto de saxofóns Sigma Project. Os seus máis de 150 concertos en medio mundo curtiron este grupo que reivindica para si o papel que tivo o cuarteto de corda en séculos pasados. Ás catro obras citadas hai que sumarlle o encargo do CNDM ao compositor de Mos (Pontevedra), Jacobo Gaspar, cuxo interese se centra no uso de toda a materia sonora, o que o levou a desenvolver modelos extraídos mimética ou simbolicamente da contorna natural.

cando e onde
Venres 20 outubro 2017
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
Acceso libre até completar o aforo
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0