fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Grupo Instrumental Siglo XX
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Grupo Instrumental Siglo XX
Xornadas de Música Contemporánea 2017
Integrado por instrumentistas solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia, o Grupo Instrumental Siglo XX, ofrece un concerto con obras de Paulino Pereiro, Antón de Santiago, Manuel González, Manel Rodeiro e Jesús González de quen interpretarán unha estrea absoluta.
que

Florian Vlashi, violín

Caroline Bournaud, violín Raymond Arteaga, viola

Ruslana Prokopenko, violonchelo

 

O cuarteto de corda contemporáneo en Galicia

Paulino Pereiro. Cuarteto de corda núm. 6 Galatea op. 189* (2009)

Antón de Santiago. Ímola andando* (2016)

Manuel Balboa. Cuarteto-Homenaxe a E. M. Foster (1989)

Jesús González. Faro* (2011)

Manuel Rodeiro. Fragmentos de un mar de além... (1992)

 

*Estrea absoluta

 

Grupo Instrumental Siglo XX

Está integrado por instrumentistas solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia que proceden de máis dunha decena de países diferentes e que contan cunha dilatada experiencia e un extenso labor profesional de altísimo nivel neste eido. O número de intérpretes varía en función das obras do programa que se interpreta. Outro fin da súa intensa e ampla actividade é a sensibilización da mocidade co fascinante mundo da música contemporánea. A través dos concertos didácticos Os nenos e a música moderna, das conferencias-concertos ou clases abertas que programan, o público máis novo achégase con naturalidade e sen complexos á música de Stravinski, Berio ou Xenakis. O Grupo Instrumental Siglo XX participou en diversos certames nacionais e internacionais como os festivais de música da Coruña (Festival Mozart), Santiago de Compostela, Salamanca, Bilbao (Festival de Música del Siglo XX), Madrid (CDMC), Bienal NMK de Durres (Albania), Verona (Italia), Remusica (Kosovo), etc., e neles obtivo as mellores críticas e fervorosos aplausos do público. Algúns dos seus concertos foron gravados pola Radio Clásica Radio Nacional de España e transmitidos por La2 e Canal Internacional de TVE. O Grupo está aberto a novos proxectos e espazos e combina a música nova coa poesía, teatro, danza, vídeos e artes plásticas. Das súas publicacións destacan o CD Manuel Balboa- Obra completa para conxunto instrumental (Verso), o DVD O arame, ópera nun acto de Juan Durán, e o CD coas obras gañadoras do XXIII Jóvenes Compositores 2012 Fundación Autor- CNDM.

_____

O Grupo Instrumental Siglo XX nace en 1996 por iniciativa do violinista Florian Vlashi como homenaxe ao século pasado, protagonizando máis de 84 obras dun repertorio que supera os 160 títulos. Porén, neste concerto centrarase en compositores galegos como Paulino Pereiro, en cuxo catálogo figuran obras escénicas e cinematográficas á marxe das sinfónicas e de cámara; Jesús González que, ao igual que Pereiro, pertence á Asociación Galega de Compositores; o prematuramente falecido Manuel Balboa; o polifacético Antón de Santiago e Manuel Rodeiro, compositor, escritor, profesor e fundador do Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea.

cando e onde
Sábado 14 outubro 2017
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
Acceso libre até completar o aforo
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org