fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O arxina e o felo | O canteiro e o demo
Monicreques Infantil e Familiar
O arxina e o felo | O canteiro e o demo
Viravolta Títeres
Unha produción de Viravolta Títeres a partir do texto de Francisco Rozados “Rochi”. Espectáculo de monicreques para público infantil e familiar que ofrece unha ollada ben divertida ao oficio dos canteiros ou arxinas, de fonda tradición en Galicia, e á xerga particular que empregaban para protexer os segredos da súa arte.
que

Garabullo e Mangarrias son dous canteiros teimudos que están a construír unha ponte a petición dun demo. Durante o proceso, entre cantarelas e reflexións, instrúen o seu aprendiz Faxurdín no oficio e o latín dos arxinas, ao tempo que o diaño burlón que lles encargou a construción do paso trama facerse coas súas almas. 

Os arxinas cantan: 

“Arxinas nobis xaramos

xorufos e xidavantes

e alí onde mariñamos

xara un despois e un antes”

 

Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado forman en 1982 a compañía Viravolta Títeres. Alén da produción e distribución de espectáculos de monicreques, realizan outras actividades vencelladas ao mundo da marioneta, como cursos, exposicións e ciclos especiais. 

 

Equipo artístico e técnico 

Texto: Francisco Rozados 

Dirección: Anxo García

Manipulación: Xulio Balado, Pilar Álvarez, Anxo García

Unidade didáctica: Francisco Rozados

cando e onde
Domingo 17 setembro 2017
18:30 a 19:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
3 €
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono: 981 571 026

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
Este espectáculo forma parte do programa APEGO, no que participa o Concello de Santiago Web - http://www.viravolta...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org