fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
O Valo
Didácticos | TeatroPrograma Didáctico
O Valo
Culturactiva, SCG
O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara. Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela.
que

A forza e a dignidade desta nena refuxiada farán reflexionar ao público en contraste co soldado, cuxo corazón se debate entre a obediencia, que mesmo lle pode levar a matar en nome dunha patria, e a fraternidade que lle impulsa a romper todos os valos.

“A xente morre mentras os gobernos gastan miles de millóns en controlar as fronteiras” (Amnistía Internacional)


Ante esta situación, Pallasos en Rebeldía e Culturactiva SCG deciden crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil a reflexionar sobre esta problemática.


A partir do texto de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, O Valo está dirixido por Iván Prado e protagonizado por Saleta Fernández e Fran
Rei.

Ficha artística
Elenco: Fran Rei, Saleta Fernández Dirección: Iván Prado
Xénero: teatro
Duración: 50 minutos
Público: alumnado 6o Primaria Autor: Carlos Labraña Iluminación e son: Paula Castro
Escenografía: Kukas
Vestiario: Kukas e Chus Aldrey
Música orixinal: Jerry Noia
Produción: Pallasos en Rebeldía e Culturactiva SCG

Arquivos adxuntos

cando e onde
Martes 16 xaneiro 2018
10:00  12:00  Mércores 17 xaneiro 2018
10:00  12:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace http://www.compostelacapitalcultural.com e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa
de interese
Recomendado para alumnos/as de ESO e Bacharelato
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/01/compostelaneaxaneiro2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/01/compostelaneaxaneiro2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org