fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
'ANNUS HORRÍBILIS' en CHÉVERE 3.0
Teatro | Musical
'ANNUS HORRÍBILIS' en CHÉVERE 3.0
Maratón escénico polo 30 aniversario de Chévere
A finais de xuño de 1987 Chévere actuaba por primeira vez en público, na Praza dos Bombeiros de Santiago de Compostela, detrás da Escola Mestre Mateo. Trinta anos despois daquela noite de verán a compañía segue funcionando e está vivindo un dos seus mellores momentos artísticos e profesionais. Premio da Crítica de Galicia 2011. Premio de Honra da MIT de Ribadavia 2012. Premios María Casares ao Mellor Espectáculo en 2012, 2014, 2017. E Premio Nacional de Teatro 2014, converténdose na primeira compañía galega en ter este recoñecemento, o máis importante das artes escénicas de ámbito estatal, que desde 1949 recibiron apenas 7 compañías (Els Joglars, La Fura dels Baus, Ur Teatro, Teatre Lliure, Animalario, Atalaya e La Zaranda).
que

Para celebrar este 30 aniversario, Chévere quere facelo agasallando ao público. Por iso vai ofrecer a posibilidade de revivir a experiencia de asistir a 3 obras míticas do repertorio da compañía en 3 espazos distintos da cidade só durante o mes de xullo.

As dúas primeiras obras escollidas caeron polo seu propio peso: é moita a xente que segue falando de cando viu por primeira vez Rio Bravo e para Chévere foi unha escola de vida e oficio, ademais do primeiro gran éxito de público. Annus Horríbilis marcou un punto de madurez e excelencia para todo un grupo de artistas vencellados con Chévere, coa Nasa e con Compostela e permitiu abrir novos camiños profesionais e creativos. A terceira obra escollida é máis recente, a Ultranoite no País dos Ananos, que foi a única obra de Chévere que non se puido ver nesta cidade e serve de homenaxe a ese xénero propio que se inventou nun arrabalde de Compostela e que todo o mundo coñece como Ultranoite.

As tres obras ofrecen unha panorámica musical, gamberra e festiva do que ten sido a traxectoria artística de Chévere nos 80, nos 90 e nos dousmil. As tres ofrecen miradas dispares sobre a Galicia desta época e as tres foron creadas en colectivo e contaron co apoio de milleiros de espectadores e espectadoras. Montar estas tres obras tamén é un agasallo para a cidade de Compostela, fogar e paisaxe emocional ao longo de tantos anos. Quen queira velas de novo, terá que vir á nosa cidade. Non se verán xuntas en ningún outro sitio.

ANNUS HORRÍBILIS

Annus Horríbilis é unha ópera, unha pequena ópera portátil creada e estreada en 1994 no teatro máis underground da cidade, pero con vocación de chegar aos máis grandes auditorios. Annus percorreu España e Portugal en versión orixinal e permitiu traer a Santiago desde Barcelona varias edicións do Festival de Ópera de Peto, o máis pequeno do mundo. E en Barcelona Annus Horríbilis gañou o Premio da Crítica ao Mellor Musical da temporada 95-96, competindo coas grandes producións do Paralelo. Por iso o Auditorio de Galicia ten unha pequena débeda con esta opereta que canta a unha suposta familia real galega, ofrecéndolle as galas das grandes noites para a súa efémera volta aos escenarios.

Lucas Tamara, príncipe herdeiro do trono de Galicia, sae de incógnito do pazo á busca da autenticidade do mundo real. Nesa busca atopa a Obdulia, rapaza traballadora con delirios de grandeza, coa que namora. O romance ilexítimo é utilizado por unha loxia masónica para tentar derrocar á casa real e reinstaurar a unha antiga liña dinástica na persoa dun descendente insospeitado. Cinco cantantes, un pianista e un presentador. Acaso unha ópera precisa algo máis?

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Borja Fernández, César Goldi. Pianista: Suso Alonso. Presentador: Xron. Libreto: Pepe Sendón. Música: Fran Pérez. Vestiario: Chévere/Maribel Gómez. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Comunicación: Xana García. Unha produción Chévere co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Chévere é compañía residente no concello de Teo.

 

ENLACE PARA MERCAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA

 


cando e onde
Mércores 12 - Venres 14 xullo 2017
21:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
15 euros
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504598878.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org