fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Proxección Psiconautas, coloquio con Alberto Vázquez
Arte | Vídeo/InstalaciónsMediación cultural
Proxección Psiconautas, coloquio con Alberto Vázquez
Actividades MiiC
Como peche as actividades que se veñen desenvolvendo con motivo da exposición MiiC, o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) charlará co público que asista á proxección do filme Psiconautas.
que

Autor de recoñecido prestixio, Alberto Vázquez ten editado libros en países como España, Francia, Italia, Brasil e Corea. Como ilustrador de prensa ten publicado asiduamente en El País, La Voz de Galicia, Vanity Fair, Communication Arts ou Boston Globe magazine. Ten escrito e dirixido curtas de animación baseadas nos seus cómics como Birdboy, Sangre de Unicornio e Decorado, que ven de gañar o premio Goya á mellor curtametraxe de animación en 2017. En 2016 estreou Psiconautas, primeira longametraxe codirixida con Pedro Rivero, que tamén se fixo co Goya á mellor longametraxe de animación en 2017. Ademais, os seus traballos foron nomeados aos Goya noutras dúas ocasións, alzándose con galardón á mellor curtametraxe de animación en 2012 por Birdboy. Ten obtido maís de 60 premios internacionais en citas como o Festival de Chicago, Foyle (preseleccionado para os Oscars) ou Expotoon. As súas obras teñen sido exhibidas en prestixiosos festiváis de todo o mundo como Cannes, Toronto, Annecy, Clermond-Ferrand, Animafest Zagreb ou Slamdance.

Psiconautas, los niños olvidados (2017) Birdboy e Dinki son dous adolescentes que decidiron escapar dunha illa arrasada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy illándose do mundo, Dinki emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy o acompañe.

Este filme ten sido exhibido internacionalmente con gran acollida nos festivais máis prestixiosos, na MiiC se poden ver fragmentos seleccionados polo artista e alguns storyboards orixinais do filme.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Luns 19 xuño 2017
20:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Entrada libre até límite de aforo

Non recomendada a menores de 16 anos
de interese
- Encontro co público e proxección na Sala Mozart
no recomendado menores de 16 anos
- Visita guiada na Sala de Exposicións: unha hora antes da charla, ofrecerase unha visita guiada á exposición previa reserva no mail exposicions@auditoriodegalicia.org

Prazas limitadas por orde de solicitude ata un máximo de 30 persoas Web - http://auditorio.com...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1506852530.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org