fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
GUERRERA conversan con TOTALE
Música | VariosCOMPOSTELA CONVERSA
GUERRERA conversan con TOTALE
Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas
A conversa desta sesión transcorrerá entre os deseñadores e membros das bandas participantes Igor Casayjardín e Hugo Santeiro. Falarán de deseño aplicado a concertos, discos e bandas, afondando na súa visión e experiencia persoal.
que

GUERRERA

GUERRERA nacen a finais de 2009 cando Hugo, Álex e Luis, tamén xuntos en Un Lobo En La Jaula comezan a ensaiar como trío de 2 guitarras e batería centrando a súa música no blues rock, o stoner e a psicodelia do anos 70. Tras anos de crecemento e consolidación publican en 2016 o disco homónimo, Guerrera, unha odisea sonora excitante que atravesa os contornos do rock que alcanzaran os seus predecesores ‘Mauna Loa’ (Matapadre, 2014) e ‘Under the Gypsy Sun’ (autoeditado, 2012).

‘Guerrera’, terceira longa duración da banda aniquila o concepto de stoner e post-hardcore, alcanza emprazamentos so adquiridos a través de éxtase espiritual, de maxia negra e sacrificios a antigos demos, de viaxes chamánicos con ayahuasca, consolidando a idea da Gestalt de que o todo e maior que a suma das súas partes: riffs incisivos como baionetas afundidas nas tempas e unha sección rítmica digna do exército de Aníbal, coma nos tiñan acostumados nos seus traballos anteriores. Súmase agora unha maior diversidade de dinámica, timbre e métrica, intuíndose influencias do folclore suramericano e incluso de tradición xudía, pasaxes de de carácter máis progresivo que rememoran aos primeiros soft Machine nas súas cadencias máis salvaxes, aderezados de episodios con forte aroma ao kraut de Can ou Neu.

TOTALE

Totale son punks xogando a facer pop romántico con sintetizadores analóxicos, ou o que é o mesmo, un dúo de minimal-wave formado en Madrid por Jorge Mills (sintetizadores e voz) e Igor Casayjardín (sintetizadores e caixa de ritmos). Decláranse seguidores de Oppenheimer Analysis, Human League, Absolute Body Control, Suicide o DAF. Sons sintetizados, escuridade pícara, bailoteo solemne. Como presenciar unha liturxia pagá retrofuturista--- celebrando a chegada da máquina!

 

ENLACE PARA MERCAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA

cando e onde
Domingo 25 xuño 2017
20:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1509572374.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org