fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Atrás Tigre conversa con Lorena Álvarez y su Banda Municipal
Música | VariosCOMPOSTELA CONVERSA
Atrás Tigre conversa con Lorena Álvarez y su Banda Municipal
Costumbrismo versus Evasión
Costumbrismo vs. Evasión, o traballo compositivo integrado no cotián, as musas.
que

ATRÁS TIGRE

Atrás tigre é un proxecto pop nacido en Compostela no que conflúen as músicas e letras en galego de Olalla Cociña (teclados e voz), Xiana Arias Rego (baixo), Pedro Solla (guitarra e voz) e Lois Carlín (batería). No seu EP de debut, que edita en casete o selo Triunvirato, amosan os seus tenros cairos a ritmo dun jangle pop sucio e cósmico, de cadencia primitiva -ás veces doce, ás veces acelerada- e cunha tona agreste. Atrás tigre retoma o espírito das míticas cintas do C-86 pero tamén transita sonoridades próximas a Family, Carlos Berlanga, Vivian Girls, Veronica Falls, Crystal Stilts, Felt ou Field Mice. Romanticismo escuro e acompañamento perfecto para una noite de lúa chea e cama baleira.

LORENA ÁLVAREZ Y SU BANDA MUNICIPAL

Contan que as primeiras composicións musicais dos nosos devanceiros foron a reprodución, mediante enxeños manufacturados, de sons naturais. O estrondo dun raio, a corrente dun río ou o chío dunha ave. Todo o mundo o entendía porque apelaba a algo que xa escoitaran antes, sons que facían estremecer, alegraban ou sinxelamente inquietaban. O tradicional de Lorena Álvarez non é a reprodución  dun folclore específico, senón a capacidade de compartir esa esencia do natural dende as súas cancións a través de formas contemporáneas.

Trala publicación de "La Cinta" (Sones, 2011), o seu primeiro LP “Anónimo” (Sones, 2012) e o EP "Dinamita" ( Producciones Doradas, 2014) conseguiu traspasar os límites habituais da música tradicional e situala nun novo contexto no que a contemporaneidade e a tradición poden ir da man sen complexos, onde o pobo e a cidade se achegan, percorrendo camiños que ata agora estaban cubertos de maleza.

A súas cancións mesturan instrumentos e sons de corte tradicional con aires máis achegados ao pop contemporáneo. Nelas conta historias común e é por iso que os seus discos e concertos atrapan, divirten e conmoven tanto a novos como a maiores, que ven na súa música unha chiscadela sincera aos pequenos dramas e alegrías das que se compoñen as nosas vidas. Picardía, astucia, humor e sinxeleza para un novo cancioneiro popular, tan necesitado.

 

ENLACE PARA COMPRAR ENTRADAS A TRAVÉS DE ABANCA

cando e onde
Domingo 30 abril 2017
20:00  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1496321216.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1496321216.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org