fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
GOLDI LIBRE
Teatro | de AutorTeatro&Danza
GOLDI LIBRE
de A Berberecheira
Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia.
que

Un traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

É o primeiro proxecto sementado e criado integramente na Berberecheira ao longo dos anos 2015 e 2016. A Berberecheira é un espazo teatral promovido e custodiado por Chévere para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva que desbordan o núcleo estable da compañía. Un laboratorio de creación sustentado en redes estables de cooperación e un lugar de encontro e diálogo entre creadores, públicos e axentes culturais.

En escena: César Goldi.

Dramaturxia, dirección: Xron.

Xefa de produción/asistente dirección: Patricia de Lorenzo.

Escrita: César Goldi, Xron, Manuel Cortés.

Escenografía, atrezzo, vestiario: Berberecheira.

Sobre A Berberecheira

A Berberecheira é un banco marisqueiro enriquecido polas mareas que entran por unha Boca do Río aberta na praia de Carnota (A Coruña). Un criadeiro natural custodiado por xentes da zona para uso propio e goce do resto do mundo.

De aí nace a idea desta outra Berberecheira teatral promovida e custodiada por Chévere:

• un espazo para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva que desbordan o núcleo estable da compañía,
• un laboratorio de creación sustentado en redes estables de cooperación,
• un lugar de encontro e diálogo entre creadores, públicos e axentes culturais.

Unha iniciativa que utiliza como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento, a experiencia e a proxección de Chévere co obxectivo de ampliar a documentación escénica de feitos e historias que conformaron e seguen dando forma ao mundo no que nos tocou vivir.

Un proxecto que forma parte do plan de residencia que Chévere desenvolve co apoio do Concello de Teo.

Goldi libre é o primeiro proxecto sementado e criado integramente na Berberecheira ao longo dos anos 2015 e 2016.

 

PARA COMPARTIR ANTES DE VIR AO TEATRO PRINCIPAL!!!

 

"InsubmisiónNITE". 24 de xaneiro ás 21h na Nave de Vidán

César Goldi propón unha "InsubmisiónNITE" (con permiso da Nave) nostálxica para recordar aquela Compostela antimilitarista (ademáis de nacionalista, internacionalista, feminista, troskista, anarquista e tamén malabarista!) dos 80-90. 

Xuntármonos e tomar un viño morriñento coa excusa de presentar o espectáculo ‘Goldi Libre’ co trailer do proxecto e vídeos de algún outro evento teatral do pasado relacionado co teatro antimilitarista

Con Goldi virán os insubmisos e membros do colectivo antimilitarista ROMPAMFILAS: Modesto Toribio, Quico Lorenzo, Duarte Crestar, Paco Bonos.... e quen se vaia sumando.

Unha convocatoria aberta para parloar e tomar algo, alimentar a nostalxia e preguntarse por qué o antimilitarismo e o pacifismo non están tan presentes xa na sociedade. As persoas que asistan recibirán de agasallo un exemplar do ano 1997 da revista antimilitarista AR.

 

Faladoiro no Barrio de San Pedro. 25 de xaneiro ás 20h no local A Xuntanza– Asociación veciñal

Resucitar as nosas vivencias e lembranzas en relación a toda a actividade #ANTIMILI que se realizou no país. Unha convoctaria aberta na que César Goldi nos invita a participar.

 

cando e onde
Venres 27 - Sábado 28 xaneiro 2017
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais.
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
Duración: 80 minutos
Recomendado para maiores de 12 anos
O venres 27 ao rematar a función haberá un coloquio con César Goldi, Emi Candal, Suso de Toro e Manuel Dios. Web - http://redenasa.tv/g...
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1493887143.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1493887143.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org