fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
GET BACK
Teatro | ComediaTeatro&Danza
GET BACK
de Diego Ameixeiras e con dirección de Jorge Coira
Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden.
que

Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para Nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atoado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco GET BACK mirando para o móbil e logo mirando para eles sucesivamente. O metro para e comezan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares. Están perdidos nun subterráneo de Londres e quizais teña que vir rescatalos o exército. Pero primeiro van ter que entenderse.

A comedia comeza como un accidente. Eles non o saben cando entran a ese vagón con traxecto interrompido, pero son catro galegos buscándose a vida en Londres e un inglés que, en algún tempo, se buscou a vida en Galicia. As vidas quedan cruzadas xusto cando se detén o movemento e a partir de aí case todo é retranca.

Arquivos adxuntos

cando e onde
Xoves 19 - Sábado 21 xaneiro 2017
20:30  Teatro PrincipalRúa Nova 21981 542 347

prezo das entradas
10 euros
5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais
puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

entradas.abanca.com

902 434 443
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1486130058.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1486130058.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org