fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Cuarteto Bretón
Música | ContemporáneaX. Música Contemporánea
Cuarteto Bretón
Estrea absoluta do Cuarteto de E. Soutullo
Neste concerto poderemos escoitar o cuarteto nº 3 de A. Aracil encarga do CNDM, a estrea do Noh quartet de Soutullo e obras de Gubaidulina e Gorecki interpretada por un dos cuartetos máis importantes do país, que teñen unha longa experiencia de música de cámara.
que

Eduardo Soutullo (1968)

Noh quartet *

 

Sofía Gubaidulina (1931)

Cuarteto núm. 2 (1987)

 

Henryk Gorecki (1934’)

Cuarteto núm. 1  ‘Already it is dusk ‘ (1988)

 

Alfredo Aracil (1954)

Cuarteto núm. 3 (2004) **

 

Sofía Gubaidulina (1931)

Cuarteto núm. 3 (1987)

 

* estrea absoluta

**  obra encarga do CNDM

 

CUARTETO BRETÓN

Fundado en 2003 por catro músicos con longa experiencia en música de cámara. puxo un énfase especial na obra de compositores como Ernesto e Rodolfo Halffter, Jesús Guridi, Julián Bautista, Jesús García Leóz, Tomás Bretón, Julián Orbón, Joaquín Turina, Julio Gómez, Conrado del Campo, Cristobal Halffter, Tomás Marco, Alfredo Aracil, José Luis Greco, Agustín Charles ou Mario Carro, sen descoidar o gran repertorio de todas as épocas. Entre as súas actuacións destacadas atópase a estrea en Madrid La Cuzzoni, de Agustín Charles, e a participación no Festival Iberoamericano coa interpretación do Concerto Grosso, de Julián Orbón. Ten protagonizado as estreas absolutas de cuartetos dedicados a eles por Jose Luis Greco, Alfredo Aracil, Juanjo Colomer ou Mario Carro. Gravou os quintetos para tecla do padre Soler con Rosa Torres-Pardo e as integrais dos cuartetos de Alfredo Aracil, Rodolfo Halffter e Jesús Guridi. Entre os seus compromisos  de concertos destacan a Fundación March, Música/Musika de Bilbao, Ciclo de Música Contemporánea de Córdoba, Semana de Música Relixiosa de Cuenca, e festivais de León, Granada, Santander, San Sebastián e Luberon (Francia).

cando e onde
Mércores 23 outubro 2013
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
5 €
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349

entradas.novagaliciabanco.es

902 434 443
de interese
Abonos:
abono 10 concertos - 50 euros /
abono 3 concertos (RFG, OSG, Ensemble Modern)
25 euros /
abono 7 concertos (JONDE, CGAC, Paraninfo, Igrexa Universidade, Salón Teatro) 30 euros.

Ofertas especiais:
Abonados do Auditorio de Galicia:
abono 7 concertos (JONDE, CGAC, Paraninfo, Igrexa Universidade, Salón Teatro) - 30 euros (obsequio: entrada Ensemble Modern).
Abono Universitario e Asociación de amigos do CGAC / abono 10 concertos - 40 euros
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0