fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Música | ClásicaNovas orquestras
Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Dirixida por Franper Rodríguez
Franper Rodríguez dirixe á Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo neste concerto no que Vicent Grau será o percusionista. Nel estrearán obras de Rui Penha, Joao Pedro Oliveira e Mateo Mena Calavia, compositores que estarán presentes durante o concerto.
que

PROGRAMA

Rui Penha (n. 1981)
Ex nihilo (2013) *
para vibráfono, midi e electrónica
Vicent Grau percusión

João Pedro Oliveira (n. 1959)
Cassiopeia (2008) **
para percusión, orquestra e electrónica
Vicent Grau percusión

Mateo Mena Calavia
Micelio, internet de las setas ***
para orquestra, piano, guitarrra, electónica e percusión
I  ¡Nos mudamos!
Ib  Nuevas momias, nuevas putas momias
Ic  El futuro ahora... ¡no!... ahora... no...
II  Encantado, Sr. Quark
IIb  Durmiendo con los peces, ¿ves?
IIc  Flor javanesa I
IId  Bastante mejor que el Pleistoceno
IIe  Flor javanesa II
III  Fractales de leche
IV  Mr. Universo 1973
IVb  Recuerdo cuando pasó el Hyakutake y fue la hostia
IVc  Micelio, internet de las setas
V  Cluster Candy
Vb  ¡SEGUID, SEGUID AVANZANDO!


* estrea da versión para un percusionista
** estrea da partitura revisada
*** estrea absoluta


Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo

A Orquestra Sinfónica do CSM de Vigo está formada polo alumnado das diferentes especialidades instrumentais de Ensinanzas Artísticas Superiores e do programa Erasmus. Cada curso a Orquestra Sinfónica do CSM de Vigo programa concertos tanto non propio Auditorio do centro (Auditorio Martín Códax) como fóra (Auditorio do CSM da Coruña, Auditorio Municipal de Ourense, Auditorio Municipal de Vigo) coa pretensión de amosar o traballo da comunidade escolar. O presente proxecto aposta por un programa con tres estreas absolutas, dúas obras de recoñecidos compositores portugueses (Rui Penha e João Pedro Oliveira) e unha obra dun alumno de composición do CSM de Vigo (Mateo Mena) que xa rematou as ensinanzas de composición e que este ano prepara ou seu traballo fin de carreira. As tres diferentes propostas reflicten unha combinación electrónica e acústica entre os instrumentos tradicionais da orquestra xunto a instrumentos electrónicos como a guitarra eléctrica fusionando todo o conxunto coa electrónica.

Franper Rodríguez  director

Naceu en Orihuela, Alacante, estudou no Real Conservatorio de Artes e Declamación de Murcia e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid onde obtén o título superior de clarinete. Comeza estudos de dirección de orquesta co mestre Miguel do Castelo Caravel e asiste a cursos de técnicas orquestrais nas universidades Menéndez Pelayo e Alcalá de Henares. Asistiu a clases maxistrais de dirección de orquestra con Miguel Ángel Gómez Martínez, Bruno Aprea, e Omri Hadari, posteriormente realiza un postgrao na Universidade das Vegas (USA) con Tad Suzuki. Foi invitado a dirixir a Orquestra Sinfónica de Vitoria, B. C. Canadá e a Sinfonieta de Vigo. Actualmente é profesor e director da orquestra do Conservatorio Superior de Música de Vigo e director titular da Banda de Música Municipal de Ourense.

Vicent Grau  percusión

Naceu en Guadassuar, Valencia. Obtivo o grado superior en percusión no Conservatorio de Castellón. Posteriormente estuda con Rafael Mas, Miquel Bernat, Juanjo Guillem e Philippe Spiesser, etc. Formou parte de Grup instrumental Castelló 21, Percussions de Castelló, Totstropercussió, Grupo de percusión da universidade de Alacante, Ensemble Are More 2007 e Ensemble Contra. En 2007 fundou Techné ensemble, agrupación que aúna profesionais de diferentes procedencias, na que se plasman proxectos multidisciplinares de carácter innovador. Na actualidade é membro fundador do EnsembleSònsXXI e integrante de Multiplensemble cos que realiza distintos programas con obras de nova creación e electroacústica. Compaxina estas actividades coa de profesor no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Compositor e intérprete de música electroacústica, Rui Penha naceu en Oporto en 1981. Comeza os seus estudos de piano na infancia, completando unha licenciatura en música (Composición) en 2006. Estudou con John McLaughlin, Carvalho Sara, Emmanuel Nunes, Ferneyhough Brian, Helmut Lachenmann e Andriessen Louis, entre moitos outros. As súas obras reprodúcense en varios países europeos por solistas e grupos de relevancia, como Nuno Aroso, Pedro Carneiro, Arditti Quartet, Remix Ensemble ou a Orquestra Gulbenkian. Desenvolve unha intensa actividade no campo da tecnoloxía da música, con énfase no desenvolvemento de software e no deseño de novas interfaces para a expresión musical. Foi o fundador e comisario de Digitópia, un proxecto da Casa da Música, en colaboración con INESC Porto, Escola de Artes e ESMAE-UCP. É profesor en diversas institucións portuguesas de educación superior.


João Pedro Oliveira estudou interpretación de órgano e composición musical no Instituto Gregoriano de Lisboa, e arquitectura na Escola de Belas Artes de Lisboa. En 1985 mudouse a vivir aos EUA grazas a unha beca Fullbrigth e a unha beca do Gulbenkian Foundation para realizar estudos de mestría en teoría musical e un doctorado en composición na Universidade de Nova York en Stony Brook. Oliveira recibiu numerosos premios: primeiro premio nos concursos Internacional de Alea III, no de Música Electroacústica de Bourges 2002 e 2007, no Magisterium en 2008; o Premio Earplay 2003; e o Giga-Hertz Award 2008. A maioría das súas composicións foron gravadas en cd e varias das súas partituras foron publicadas. Ademais das súas actividades como compositor, J. P. Oliveira desenvolveu unha carreira como organista e tocou en Europa, EUA, China e Xapón. Ten gravados dous cd con obras para trompeta e órgano. Actualmente é profesor titular da Universidade Federal de Minas Gerais,  Brasil e catedrático da Universidade de Aveiro, Portugal, onde ensina composición e música electroacústica.


Mateo Mena Calavia estudou composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, con Carlos Cambeiro, Pablo Beltrán e Joám Trillo, posteriormente realizou cursos con Ernst Helmuth Flammer (composición), Javier Campaña Hervás (MAX/MSP), Maurizio Gabrieli (composición e análise) ou Juan Matos Capote (circuit bending) entre outros. En 2012 a súa peza Fénixes foi seleccionada para editarse en cd, como resultado da súa participación no programa Sound-In para novos creadores.

 

 

cando e onde
Luns 18 marzo 2013
20:30  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
3 euros (entrada de balde para os abonados do Auditorio de Galicia)
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349

Billeteira do Auditorio de Galicia. Aberta só os días de espectáculo a partir das 18.00h.

Teléfono da billeteira: 981 571 026
de interese
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0


Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/home/compostelacapitalcultural/tmp) in Unknown on line 0