fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Vertixe Sonora Ensemble
Música | ContemporáneaX. de Música Contemporánea
Vertixe Sonora Ensemble
Presenta Ilusión Real
Ilusión real susténtase sobre a sospeita de que na orixe de toda a música para instrumentos e electrónica persiste unha traizón perceptiva. Hai un momento no que oído, ollo e cerebro che están a dar unha información que non recoñeces. A nova especificidade despraza a xestualidade instrumental como narrativa visual específica do concerto en vivo e require de novos paradoxos para os que o oído, o ollo e o cerebro deben actualizar continuamente estruturas de reinterpretación.
que

Ilusión real

CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea

xoves 25 outubro

20.30

 

David Hudry (1978)

Impromptu pour un monodrame (2007)    fagot e electrónica

 

Simon Steen-Andersen (1976) 

Rendered (2004)   piano solo e dous asistentes

 

Luis Antunes (1973) 

Três quadros sobre pedra (2009)    percusión e electrónica

 

Leilei Tian (1971) 

Illusion Réelle* (2003)      saxofón tenor e electrónica en vivo

*videocreación de Ramón Trigo e Eduardo Berea

 

Todas as obras deste concerto son presentación en España

 

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Jesús Coello  fagot

Pablo Coello  saxofón tenor, asistente piano

David Durán  piano

Haruna Tabeke asistente piano

Diego Ventoso  percusión

Ángel Faraldo  electrónica, difusión de son

SrPause  Videoescapismo

 

“Creo que debaixo de toda obra de arte hai unha sospeita. Unha sospeita profunda sobre a realidade tal e coma se presenta diante do ollo. Porque se este é un oficio de crer no ollo tamén é un oficio de sospeitar do ollo.” (Juan Muñoz).

Ilusión real susténtase sobre a sospeita de que na orixe de toda a música para instrumentos e electrónica persiste unha traizón perceptiva. Hai un momento no que oído, ollo e cerebro están a darche unha información que non recoñeces. A nova especificidade despraza a xestualidade instrumental como narrativa visual específica do concerto en vivo e require de novos paradoxos para os que o oído, o ollo e o cerebro deben actualizar continuamente estruturas de reinterpretación.

Coa complicidade do Sr. Pause e a colaboración do debuxante Ramón Trigo e o cineasta Eduardo Berea sustentamos a vontade de explorar as infinitas posibilidades que nos brinda esta ecuación. Presentamos catro pezas para instrumento só ­–piano, saxo, percusión, fagot– e electrónica. E catro serán as diversas metodoloxías aplicadas segundo o caso: a perversa –por dislocar niveis sonoros– e refinada amplificación dun piano (Rendered); a ilustración dunha paisaxe sonora transubstanciada a partir da extensión metalingüística do saxofón (Ilusión real); a dramaturxia da multiplicidade heterónima do fagot (Impromptu pour un Monodrame); a espacialización dun tempo infinito de pedra percutida (Tres cadros sobre pedra).

Os compositores elixidos dan boa mostra de como artellar os novos afectos dende o convencemento da realidade sonora que se afirma no continente.

Vertixe Sonora Ensemble

Colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia e que procura favorecer un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Está formado por artistas de procedencias creativas diversas: sonoros, plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos, do teatro e da danza etc, co interese común por desenvolver propostas musicais globais e un forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo.

Desde 2010 realiza o ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras que organiza o CGAC e que se converteu, dende a súa aparición, nun referente internacional da nova música de creación. Son membros de Vertixe Sonora Ensemble: Alessandra Rombolá (frauta), Joaquín Meijide (clarinete), Pablo Coello (saxofón), Jesús Coello (fagot), Adrián Viñas (trompeta), Iago Ríos (trombón), Rubén Barros (guitarra eléctrica), Raquel Rivera e Marta Souto (violíns), Anne Schlossmacher (viola), Thomas Piel (violoncello), Carlos Méndez (contrabaixo), David Durán (piano), Diego Ventoso (percusión), Ángel Faraldo (electrónica), Carlos Álvarez-Ossorio (iluminación), Pablo Coello (dirección musical) e Ramón Souto (dirección artística).

cando e onde
Xoves 25 outubro 2012
20:30  Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Rúa Valle Inclán s/n

prezo das entradas
PREZOS DE ENTRADAS DO CICLO
Abono 8 concertos*: 18 euros
Abono 4 concertos* (a escoller): 10 euros
Entradas: 3 euros
Real Filharmonía de Galicia (Auditorio de Galicia, 31 outubro): 6 euros
Entrada libre (3 concertos): Elisa Vázquez Doval (Conservatorio, 26 outubro), Trío Arbós (27 outubro), Orquestra do Espazo de Cámara da USC (CGAC, 28 outubro)

Venda de entradas: Teatro Principal (18.00-21.00 h de martes a sábado)
Fóra de abono: Seráns do TAC (Cidade da Cultura, 29 outubro): 5 euros www.servinova.com
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1499671388.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1499671388.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org http://www.santiagodecompostela.gal/medi/Baners/programa_festas_apostolo_2017.pdf
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org