Doa xorde na Coruña en 1978, o seu estilo ten como base a música popular e medieval galegas, incluíndo de cando en vez, composicións propias. Doa utiliza modos de expresión contemporáneos; a improvisación como forma de traballo e a mestura de instrumentos populares (gaitas, zanfoñas etc) con tecnoloxías de últimaxeración (midis, intrumentación electrónica etc).