Capitán Maravilla Productions é unha compañía formada pola fusión dos artistas David González Díaz (creador de “Capitán Maravila”, 2º premio na Fira de Teatre Al Carrer, 1º no Concurso de Artistas de calle de fiestas de la Mercè, 2º premio do público no Festival de teatro de Calle de Valladolid) e Víctor Ortiz de la Torre (creador de “Wilbur”) que inician coa presentación en 2009 do seu espectáculo conxunto “Mono A Mono B” un novo palmarés con premios como o TAC de Valladolid.
Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible, que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público.
Todo comeza cando un coche “Mini” entra en escea, un coche fantástico no que os nosos Monos saltarán, viaxarán e ata plantarán lume. Veremos como saen de todos estes apretos. Humor, acrobacias e malabares son só unha pequena parte deste circo animal.
* *Todos os animais deste espectáculo foron tratados como tales.