Música | PercusiónVerán na rúa
Festival Internacional Percusión Santiago
Concerto de Odaiko Percussion Group
Odaiko ofrécenos neste espectáculo un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano mestúranse coas innovacións técnicas percusivas e o folclore galego para representar un pasado que dá resposta ao noso presente.
O repertorio do concerto está baseado en obras propias: On Board, Galician on board, 9 de abril, Inmigration e Plastic planet, e obras escritas por Adrián Saavedra: Grooving Odaiko, In giga e Water road.
Unha viaxe exploratorio polas tradicións percusivas globais unificadas nun show que conxuga ademais unha boa dose teatral, humor e unha coidada posta en escena, que dá paso á improvisación fluída e a bidireccionalidade cómplice co público.
cando
e onde
Sábado
4 agosto
2012
22:30
Praza da Quintana
prezo das entradas
Acceso de balde