A idea do FIP, Festival Internacional de Percusión, nace a partir da VI edición do Curso Internacional
de Percusión Merza 2011 realizado en Galicia. Organizado pola compañía Nuevo Contemporáneo de
Zaragoza baixo a dirección de César Peris (director da cátedra de percusión no Conservatorio
Superior de Música de Aragón) e por Odaiko Percussion Group, grupo galego de referencia no campo da percusión, caracterizase desde os seus comezos por estar na cabeza mundial en número de
profesores e alumnos.
O Festival Internacional de Percusión FIP 2012 caracterizase pola versatilidade dos grupos e
percusionistas participantes, nacionais e internacionais sen menospreciar as cooproduccións
autonómicas FIP, que presentan uns espectáculos e producións propias anovadoras e arriscadas.
Un compromiso compartido desde as sedes autonómicas FIP con propostas experimentais diferentes cun único fin, sorprender ao espectador.
Pero ademáis o Festival presenta outras actividades paralelas en espazos moi diversos. Concertos
para xoves, talleres de percusión, charlas cos nosos artistas, artistas noveles, mesas redondas, outras
músicas, encontros de percusión amateurs, convocatoria de xoves compositores, convocatoria de
grupos de percusión, etc, todo un cartel de actividades para que cada espectador participe
activamente na proposta.
qué
A Caixa de Tambora, grupo de percusión africana, nace no 2008 da inquedanza dun grupo de mozos/as polo estudo das percusións mandingas do centro-oeste de África. Ritmos sobradamente coñecidos da percusión africana, forman o repertorio da Caixa de Tambora, un repertorio que se foi consolidando a través do tempo, cunha gran riqueza rítmica, que lle dan forza a un espectáculo de aproximadamente 90 min, onde escoitaremos ritmos como o Kadán, o Yankady ou o Sofa, entre moitos outros.