De bandas como Roi Casal, X. M Budiño, Nova Galega de Danza, Odaiko Percussion Group, Adrián Saavedra Band e moitas outras nace esta formación formada por cinco artistas virtuosos, que con tan so 11 meses en escea, xa nos deleitaron en máis de 30 concertos, unha xira por Suiza e este ano son finalistas do festival Runas de Ortigueira no que participarán por primeira vez. Colabora nesta ocasión, con motivo do FIP Santiago, Romain Kuonen (Suiza) profesor da escola de música de Lausanne.