A idea do FIP, Festival Internacional de Percusión, nace a partir da VI edición do Curso Internacional
de Percusión Merza 2011 realizado en Galicia. Organizado pola compañía Nuevo Contemporáneo de
Zaragoza baixo a dirección de César Peris (director da cátedra de percusión no Conservatorio
Superior de Música de Aragón) e por Odaiko Percussion Group, grupo galego de referencia no campo da percusión, caracterizase desde os seus comezos por estar na cabeza mundial en número de
profesores e alumnos.
O Festival Internacional de Percusión FIP 2012 caracterizase pola versatilidade dos grupos e
percusionistas participantes, nacionais e internacionais sen menospreciar as cooproduccións
autonómicas FIP, que presentan uns espectáculos e producións propias anovadoras e arriscadas.
Un compromiso compartido desde as sedes autonómicas FIP con propostas experimentais diferentes cun único fin, sorprender ao espectador.
Pero ademáis o Festival presenta outras actividades paralelas en espazos moi diversos. Concertos
para xoves, talleres de percusión, charlas cos nosos artistas, artistas noveles, mesas redondas, outras
músicas, encontros de percusión amateurs, convocatoria de xoves compositores, convocatoria de
grupos de percusión, etc, todo un cartel de actividades para que cada espectador participe
activamente na proposta.
cando
e onde
Venres
3 agosto
2012
18:00
Alameda
prezo das entradas
Acceso de balde
de interese
Dirixido a todos os públicos. É importante levar na medida do posible un instrumento percusivo