fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Tom Jones
Música | Pop/Rock
Tom Jones
Concerto aprazado das Festas Apóstolo 2012
O legado que colleitou Sir Tom Jones ao longo dos seus máis de 50 años de carreira está ao alcance de moi poucos. As súas cancións figuran na memoria colectiva de fans dos 5 continentes que abarcan case 3 xeracións. Un marco incomparable como a Praza da Quintana de Santiago de Compostela vestirá as súas mellores galas para recibir por 1ª vez a toda unha lenda
que

Tom Jones conseguiu todo tipo de éxitos e recoñecementos e é, sen dúbida, unha lenda vivente. O seu espectáculo atravesa as épocas e xéneros musicais, é un chamamento a novos e maiores, homes e mulleres, convencionais e de vangarda. Padriño da alma moderna, o artista sempre foi sobre o poder da canción, o poder da voz.

A calidade das súas composicións, a potencia da súa voz e a súa innata capacidade para reinventarse mantivérono sempre entre os mellores intérpretes da historia da música. A súa obra abrangue dende himnos xeracionais como "Delilah" ou "It's not unusual" ou versións que fixo propias como o "Kiss" de Prince, ata temas góspel e soul que Tom Jones sabe levar ao seu terreo.

Alcumado "O Tigre de Gales", ao longo da súa dilatada carreira vendeu máis de 100 millóns de discos en todo o mundo e obtivo importantes galardóns, entre os que se encontra o Grammy ao mellor "performer" e a distinción que recibiu en 2006 de mans da mesma raíña Isabel II, que o nomeou Cabaleiro da Coroa Británica xunto a outros ilustres como Paul McCartney ou Eric Clapton.

Acompañado da súa reputada banda e no medio dunha xira mundial que un ano máis lle levará polos principais escenarios do planeta, o próximo 26 de xullo demostrará unha vez máis que está nun dos mellores momentos da súa carreira, conxugando a súa experiencia, carisma e un repertorio demoledor cunha voz que envelleceu como os mellores viños, mantendo a súa potencia intacta.

cando e onde
Luns 27 agosto 2012
22:30  Praza da Quintana

prezo das entradas
Cadeira numerada: 35 euros
De pé ou en grada: 25 euros
puntos de venda
www.servinova.es

www.ticketmaster.com
de interese
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1472732251.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1472732251.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org