fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Galicia Caníbal, O Musical
Musical
Galicia Caníbal, O Musical
A obra de coreografía e cancións ideada por Antón Reixa
Estrella Galicia e Filmanova Invest presentan Galicia Caníbal, O Musical, un espectáculo musical e teatral construído arredor da Movida Galega e de todos os grupos que, ó longo dos anos 80, protagonizaron un dos movementos musicais, estéticos e sociais máis importantes das últimas décadas en España. Producido por Estrella Galicia e Filmanova Invest en coprodución con AGADIC e coa colaboración do Centro Dramático Galego (CDG), Galicia Caníbal, O Musical iniciará o seu percorrido este mes de xullo cunha xira por teatros de Galicia.
que

Despois de anos de colaboración en diferentes proxectos audiovisuais, Estrella Galicia e Filmanova Invest únense neste ambicioso proxecto para presentaren un musical divertido que homenaxea a aquela xeración dos anos 80, á súa música, ós seus músicos e ós seus grupos, auténticos fitos na recente historia de Galicia.

Nun momento no que o musical emerxe e se vai consolidando, apostan por deseñar e producir un espectáculo desde unha visión actual e moderna que mova á xente a lembrar e disfrutar daqueles temas.

O musical, en tono de comedia de enredo, preséntanos dez personaxes que encarnan tres xeracións. O elenco actuará, cantará e bailará en oito decorados diferentes durante máis de dúas horas. Os diálogos, ademáis, terán versión en galego e castelán.

Trátase dunha idea orixinal de Antón Reixa, o mítico cantante dos Resentidos, un dos grupos máis destacados daqueles anos de explosión cultural que marcaron a millóns de persoas. A sua canción máis coñecida, Galicia Caníbal dá título ó musical. O espectáculo xira arredor dunha historia que, contada desde o ano 2012, nos transportará ós anos 80. Os libretistas, Antela Cid e Fran Peleteiro, escribiran un espectáculo musical baseado na movida e con temas de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Cafres, Semen Up, Golpes Bajos ou Los Limones, entre outros.

FICHA TÉCNICA

Reparto:Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes, Iván Marcos.

Produtores:Estrella Galicia e Filmanova Invest en coproducióncon AGADIC e coa colaboración doCentro Dramático Galego (CDG).

Idea Orixinal:Antón Reixa.

Texto Orixinal:Fran Peleteiro e Antela Cid.

Adaptación do Texto e Dramaturxia:Quico Cadaval e Evaristo Calvo.

Dirección Escénica: Quico Cadaval.

Dirección Musical: Pablo Novoa (ex Golpes Bajos).

Dirección Artística: Curru Garabal.

Coreografía: Mónica García.

Dirección de Produción: Xabier Eirís.

Deseño de Iluminación: Paco de Pin.

Deseño de Vestiario: Carlos Alonso.

Deseño de Son: Luís Antelo.

Maquillaxe e Perruqueria: Trini Fernández.

cando e onde
Mércores 18 - Sábado 21 xullo 2012
21:00  Auditorio de GaliciaAvda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290

prezo das entradas
Butacas centrais: 29,50-36,50
Butacas laterais: 25,50-31,50
puntos de venda
- No teléfono 902 504 500
- En www.servinova.com
- En www.obrasocialncg.com
de interese
http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
RSS galego RSS Eventos

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1470038053.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal