fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Debut en Galicia de Iva Bittová
Música | World MusicVia Stellae
Debut en Galicia de Iva Bittová
O persoal folclore da violinista e cantante checa
O Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que terán como eixe central a música antiga e barroca pero sen esquecer outras épocas e xéneros, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e a creación actual, especialmente aos autores da nosa terra.
que

Violín e voz, un folklore moi persoal

IVA BITTOVÁ

 

PROGRAMA

Lullaby / Uspávanka (I. Bittová, texto Jan Skácel)                    

Nani (Joaquín Rodrigo, arr. I. Bittová)

Kalimba (I. Bittová)

Nejsi (I. Bittová)         

Elida (I. Bittová, texto Věra Chase)

Entwine (I. Bittová, texto Ken Hunt)                       

Crying (I. Bittová, texto Gertrude Stein)

Loli ruža (I. Bittová)

I’m  I (I. Bittová, texto Gertrude Stein)                                  

Muse / Víla  (I. Bittová)

Snowhere (I. Bittová, texto Ken Hunt)

Rain / Deašt` (I. Bittová, texto Karel David)

Věra (I. Bittová, texto Ken Hunt)                                                                                     

Aušvicate (I. Bittová, texto Růžena Danielová)         

 

Aria de dona Elvira  (Wolfgang Amadeus Mozart, arr. Iva Bittová)

Good Night (The Beatles, arr. I. Bittová-V.Godár)

Dúos de Bela Bartok (arr. I. Bittová)

Sleti veterok (Komitas, arr. I. Bittová)

Lamento de Dido (Henrry Purcell, arr. I. Bittová)

Funny Valentine (Richard Rodgers, arr. I. Bittová)

"O violín é un dos instrumentos musicais máis finos e delicados que existen. Durante toda a miña vida este instrumento transformou as miñas debilidades e emocións. Encheume de esencia estética e ilustrou os meus máis altos valores e actitudes ante a música e ante min mesma. Esta é a razón pola cal amo o violín e amar significa vivir. Ao longo da mina carreira pasei por varios xéneros musicais desde a música alternativa a través do jazz, o rock, a música clásica e incluso cheguei a facer unha actuación especial nunha ópera –o papel de Dona Elvira no Don Giovanni de Mozart. Aínda hoxe se busca unha denominación para a miña linguaxe musical, que para moita xente é absolutamente orixinal. Creo a mina música por motivos da vida cotiá e nela son moi importantes o silencio e unha inviolable atmósfera positiva que se estampa na música. O violín me acompaña e dirixe toda a miña vida, os difíciles exercicios técnicos danme unha orde, seguridade e sacan á luz as miñas dúbidas interiores. Son o espello dos meus sonos e visións que non aguantan superficialidade. A miña comunicación está baseada nunha vibración e resoancia do son do violín e da voz. A consonancia entre a miña voz e o violín conduceme cara a perfección aínda que sei que o camiño non ten fin." Iva Bittová

Iva Bittová

Destacada cantante e violinista checa, naceu nunha familia de músicos, en Bruntál. Estudou en Brno e alí empezou a actuar como actriz e cantante no teatro de vangarda Husa na provázk. Con este teatro viaxou polo mundo e máis tarde decidiu mudarse aos Estados Unidos onde vive actualmente. Pasou por varios xéneros musicais dende o jazz, o rock, a música clásica ou a ópera, e obtivo un grande éxito nos seus concertos en Bruxelas, Amsterdam, Barcelona, Toquio, Londres, Nova York e París. Leva máis de vinte e cinco anos dedicada ao que denomina o seu "folclore persoal" e ao seu traballo como violinista.

 

cando e onde
Domingo 8 xullo 2012
20:30  Igrexa da Universidade (da Compañía)Praza da Universidade s/n

prezo das entradas
Entrada de balde previa retirada de convite na billeteira do Teatro Principal
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Horario especial durante o festival (do 2 ao 13 de xullo): desde as 16.30h ata a hora de inicio do concerto dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1462265188.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1462265188.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
RSS galego RSS Eventos

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal