fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Recital do contratenor catalán Jordi Domènech
Música | ClásicaVia Stellae
Recital do contratenor catalán Jordi Domènech
Cantatas e arias inglesas e italianas
O Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que terán como eixe central a música antiga e barroca pero sen esquecer outras épocas e xéneros, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e a creación actual, especialmente aos autores da nosa terra.
que

Strana armonia d’amore

Inglaterra vs. Italia

JORDI DOMÈNECH  contratenor

DANI ESPASA  clave

ORIOL AYMAT  violoncello

 

PROGRAMA

I

Johann Christoph Pepush (1667-1752)

Cantata See from the silent grove                                                       

Recitativo: See from the silent grove

Aria: Charming sounds ye sweetly languish

Recitativo: Apollo heard the foolish Swain

Aria: Sounds tho'charming can't relevo thee

 

Francesco Geminiani (1867-1762)

Sonata op. 5 núm. 3 en Do maior                                                      

Affettuoso

Allegro

 

Henry Purcell (1658-1695)

Music for a while        

Bess of Bedlam

 

II

Alessandro Scarlatti (1660-1725)

Cantata Giù dei Vulcan nella fucina eterna                                       

Recitativo: Giù dei vulcan nella fucina eterna

Aria andante: Dei scherzar desisti amore

Recitativo: O teu sei cieco

Aria: Dar in man d’un fanciullo

 

Georg Friedrich Haendel (1685-1759)

Sonata en Re maior HWV 371                                                                        

Larghetto

Allegro

 

Georg Friedrich Haendel (1685-1759)

Orlando                                                          

Ah, stigie larve…Vaghe pupille (recitativo e aria de Orlando)

Fammi combattere (aria de Orlando)  

 

Música inglesa e as súas influencias

"Inglaterra mostrou sempre unha sensibilidade especial cara ás artes, aínda que na arte sonora experimente unha inusual escaseza de compositores destacados, desde o século XVII ata o século pasado. Con todo, isto non supuxo un problema para mostrar na súa vida musical un panorama de primeirísima categoría, tanto "importando" compositores, como atraendo para si todo o máis brillante da interpretación vocal e instrumental da Europa continental.

A mediados do século XVII atopámonos co insigne Henry Purcell (1659-1695), primeiro gran compositor inglés, creando un estilo propio –o denominado barroco inglés– que combina elementos italianos e franceses con outros da tradición nacional. Compuxo a primeira ópera en lingua inglesa -Dido e Aeneas- aínda que quizais sexa máis coñecido pola súa produción de semi-óperas descatando especialmente The Fairy Queen. Os distintos postos que ocupou na contorna de Westminster, incluída a abadía, dan testemuño do seu incuestionable talento, constatado ademais no seu amplo catálogo, que só a súa prematura morte truncou. Os dous exemplos presentados dan mostras da versatilidade do autor.

En torno a 1700, apenas cinco anos trala morte de Purcell, é cando Johann Christoph Pepusch (1667-1752) se traslada a Inglaterra desde a súa Berlín natal. O seu paso pola ópera no Queen's Theatre foi rápido, ao impulsar xunto a outros, a creación da Academy of Ancient Music, sociedade musical da que sería director a partir de 1735. Nela organizábanse tempadas de concertos nas que se podían atopar músicos como Geminiani ou Haendel, a quen coñecería na corte do duque de Chandos, e programábanse obras tanto de creación 'nacional' como italiana. Así que nesta primeira parte inglesa escoitaremos unha sonata de Geminiani. A cantata See from the silent grove foi escrita en torno a 1710 e puido incidir favorablemente no doutoramento en música que lle outorgou a Universidade de Oxford en 1713 e mostra. Pese á data de composición amosa unha gran madurez compositiva asimilando a vocalidade de Purcell coa de Scarlatti, máximo representante da vocalidade italiana do momento.

Alessandro Scarlatti (1660-1725) é o compositor máis destacado na culminación da forma "aria da capo" e da obertura italiana. A experimentación realizada ao longo de máis de 600 cantatas foi sen dúbida a clave do éxito da renovación operística de Scarlatti. Giù dei Vulcan, para alto e baixo continuo, data de 1698 e a súa ondulante e sinuosa escritura é de extraordinaria beleza. Scarlatti foi moi admirado por Haendel durante a súa estancia en Italia, 1706-1710, compositor co que chegamos ao final desta velada. Ninguén como Georg Friedrich Haendel (1685-1759) para xuntar na súa espléndida música a esencia do estilo italiano, o contrapunto xermano –cando as circunstancias o requirían–, a expresividade clavecinística francesa ou a aparente sinxeleza expresiva inglesa. Se na Suite VII HV 432 o mestre de Halle mostra un estilo de clara influencia francesa na Ouverture, que se esfuma nos restantes aires da suite, ao optar, por exemplo, por unha expresividade menos elaborada na sarabande, ou rematar co famoso passacaille (tema e variacións). Como contrapunto a esta inspirada composición instrumental, nada mellor que a forma "raíña" do Barroco, o aria da capo. Neste caso, “Ah, stigie larve” da ópera Orlando, estreada en 1733 no King's Theatre de Londres, co celebérrimo castrado contralto Senesino (Francesco Bernardi) no papel principal. Trátase dunha aria de carácter grave e dramático, contrastante en si mesma que arrinca cun recitativo accompagnato e que se mostra musicalmente caprichosa que acompaña maxistralmente a famosa escena da tolemia de Orlando. Cun carácter totalmente oposto temos a aria de bravura “Fammi combattere” coa que se pecha o programa e na que Haendel permite ao cantante amplo lucimento, dado o seu extremado virtuosismo e complexidade." Lourdes Bonnet

Jordi Doménech  contratenor

Nacido en Manlleu (Barcelona), estuda piano na Escola de Música de Vic  e no Conservatori Superior de Música de Barcelona e canto en Guildhall School of Music and Drama de Londres. Actuou nos principais escenarios europeos, incluíndo o Teatro alla Scala, o Gran Teatro do Liceo de Barcelona, a Staatsoper de Hamburgo e o Musikverein de Viena. Cantou Agrippina, Orlando, Radamisto, Amadigi, Rodelinda e Belshazzar de Haendel, a Didone de Cavalli, Orlando, Ercole e Bajazet de Vivaldi, Carlo de Scarlatti e L’Incoronazione di Poppea de Monteverdi e Boris Godunov. Ademais de cantar, compón, especialmente para nenos, e publica as súas obras en Dinsic e Pagès Editors.

Dani Espasa  clave

Sen dúbida, un dos músicos máis polifacéticos da música antiga actual. Licenciado en arquitectura pola ETSA de Barcelona, foi pianista e director musical de TV3 e TVE, ademais de creador de sintonías para RNE e TV3 e director musical en diversas obras de teatro. É produtor e compositor de diferentes discos de Lídia Pujol e tamén fai arranxos e é pianista e acordeonista de María del Mar Bonet. Ten colaborado cos grupos Acadèmia 1750, Mala Punica, La Hispanoflamenca, Les Sacqueboutiers e La Caravaggia. Actuou en prestixiosos festivais de música e no Concertgebouw de Amsterdam, Carneggie Hall de Nova York, Auditorio Nacional de Madrid, Barbican Center de Londres, Musikverein de Viena, Auditorium de Roma, Gran Teatre do Liceu, Teatro da Ópera do Cairo. Desde 2005 é director musical de Vespres d’Arnadí.

Oriol Aymat  violoncello

Nacido en Reus empezou a tocar o violoncello aos seis anos cos mestres Fernando Caminals e Enric Prats e máis tarde estudou na The Yehudi Menuhin School e fixo un mestrado na Folkwang University de Essen. Foi laureado en concursos como o Germans Claret, Juventudes Musicales de España e o European Youth Cello Competition. É o primeiro violoncello da orquestra historicista alemá L’Arte do Mondo desde 2010. Con ela gravou seis cds con instrumentos orixinais. Tamén se dedica á música moderna, contemporánea e á improvisación. Colabora coa orquestra Camerata XXI e fai música de cámara cos ensembles Manén, TRI@ngle, Montsant e co pianista e compositor Albert Guinovart. Estreou obras de Ramón Humet e Hideki Kozakura. Tamén realizou a música de varias obras da coreógrafa Lenka Bartunkova e para A Invenció e Theater an der Ruhr.

cando e onde
Mércores 11 xullo 2012
20:00  Salón TeatroRúa Nova 34981 581 572 / 981 581 111

prezo das entradas
6 euros
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Horario especial durante o festival (do 2 ao 13 de xullo): desde as 16.30h ata a hora de inicio do concerto dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349

entradas.novagaliciabanco.es

902 434 443
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1462265188.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1462265188.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
RSS galego RSS Eventos

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal