Rodelinda, ópera de Haendel en concerto
VESPRES D’ARNADÍ
DANI ESPASA director
MARIA HINOJOSA soprano Rodelinda
MAARTEN ENGELTJES alto Bertarido
JUAN SANCHO tenor Grimoaldo
SIMON KIRKBRIDE baixo Garibaldo
MARTA INFANTE mezzosoprano Eduige
JORDI DOMÈNECH alto Unulfo
VESPRES D’ARNADÍ
Nick Robinson, Elena Borderías, Germán Echeverri, Karoline Klemm,
Francesco Colletti, Oriol Algueró, Maria Gomis, Josep Martínez violín
Natan Paruzel, Anna Aldomà viola
Oriol Aymat, Joan Palet violoncello
Oriol Martí violone
Josep Maria Martí arquilaúde
Mariña Comas frautas traveseira e de pico
Carles Vallès fagot e frauta de pico
Pere Saragossa, Xavier Blanch óboe
Rodelinda regina de' Longobardi
Ópera en tres actos con música de Georg Friedrich Haendel (HWV 19) e libreto de Nicola Francesco Haymes. Estreada no King’s Theatre de Londres o 13 de febreiro de 1725.
Obertura
Acto I
'Hò perduto' (aria de Rodelinda)
'L'empio rigor del fato' (aria de Rodelinda)
'Io giú t'amai' (aria de Grimoaldo)
'Lo farò' (aria de Eduige)
'Di Cupido impiego i vanni' (aria de Garibaldo)
Sinfonía 'Pompe vana di morte' (accompagnato de Bertarido)
'Dove sei' (aria de Bertarido)
'Ombre, piante' (aria de Rodelinda)
'Ombra del mio bel sol' (recitativo e accompagnato de Rodelinda, Bertarido, Unulfo)
'Morrai sì, l'empia tua testa' (aria de Rodelinda)
'Seper te giungo a godere' (aria de Grimoaldo)
'Sono el colpi de la sorte' (aria de Unulfo)
'Sì, l'infida consorte' (accompagnato de Bertarido)
'Confusa si mira l'infida consorte' (aria de Bertarido)
Acto II
'De miei scherni' (aria de Eduige)
'Spietati, io vi giurai' (aria de Rodelinda)
'Prigioniera hò l'alma in pena' (aria de Grimoaldo)
'Tirannia gli diede' (aria de Garibaldo)
'Frà tempeste funeste' (aria de Unulfo)
'Con rauco mormorio' (aria de Bertarido)
'Scacciata dal suo nido' (aria de Bertarido)
'Ritorna, oh caro e dolce mio tesoro' (aria de Rodelinda)
'Tuo drudo è mio rivale' (aria de Grimoaldo)
'Io t'abraccio' (Duetto de Rodelinda, Bertarido)
Acto III
'Un zeffiro spirò' (aria de Unulfo)
'Quanto più fiera tempesta' (aria de Eduige)
'Tra sospetti, affetti, e timori' (aria de Grimoaldo)
'Chi di voi fù più infedele' (arioso de Bertarido)
'Ma non so che dal remoto balcon' (recitativo e accompagnato de Bertarido e Unulfo)
'Se'l mio duol' (arua de Rodelinda)
'Se fiera belva ha cinto' (aria de Bertarido)
'Fatto inferno' (accompagnato de Grimoaldo)
'Pastorello d'un povero armento' (aria de Grimoaldo)
'Mio caro bene' (aria de Rodelinda)
Argumento
Prólogo
Grimoaldo usurpou o trono a Bertarido, quen fuxiu. Cre que Bertarido morreu no exilio, pero manda dicir ao seu amigo Unulfo que está vivo e oculto preto do pazo. Grimoaldo está prometido á irmá de Bertarido, Eduige, e aínda que ela o ama e el a corresponde, polo menos ao principio, ela atrasa a voda. Rodelinda e o seu fillo, Flavio, son mantidos no pazo por Grimoaldo, quen se namorou dela.
Acto I
Rodelinda, soa, lamenta a perda do seu esposo. Grimoaldo entra, proponlle matrimonio, ofrécelle devolverlle o trono, e confesa o seu amor por ela. Ela anoxada rexéitao. Bertarido, xunto con Unulfo, mira escondido como Rodelinda e Flavio poñen flores na tumba do seu marido. Garibaldo entra e dálle a Rodelinda un ultimato: ou accede a casar con Grimoaldo ou o seu fillo Flavio morrerá. Rodelinda accede, pero advirte a Garibaldo que ela usará a súa cabeza como un chanzo máis cara ao trono. Bertarido, aínda observando escondido, toma a decisión de Rodelinda como un acto de infidelidade.
Acto II
Garibaldo, como parte do seu plan para usurpar o trono, dille a Eduige que parece que ela perdeu a súa oportunidade de facerse reina, e anímaa a vingarse de Grimoaldo. Eduige volve entón a súa amargura contra Rodelinda, sinalando a repentina decisión de Rodelinda de traizoar a memoria do seu esposo e casar co seu usurpador. Rodelinda recorda a Eduige de quen é raíña. Eduige de novo fai votos de vingarse en Grimoaldo, aínda que está claro que aínda o ama. Eduige marcha e entra Grimoaldo, preguntando a Rodelinda se é certo que ela aceptou casar con el. Ela asegúralle que é certo, pero que ten unha condición: Grimoaldo debe matar primeiro ao seu fillo Flavio fronte a ela. Grimoaldo, horrorizado, rexéitao. Unha vez que Rodelinda marcha, Garibaldo anima a Grimoaldo a levar a cabo o asasinato e tomar a Rodelinda como a súa esposa, pero Grimoaldo de novo rexéitao. Ela di que o acto de valentía de Rodelinda e a súa determinación o fixeron amala aínda máis, aínda que perdeu toda esperanza de gañala. Unulfo pregúntalle a Garibaldo como pode dar semellante consello ao Rei, e Garibaldo expón a súa perspectiva maquiavélica no uso do poder. Bertarido, mentres tanto, achegouse ao pazo disfrazado, onde Eduige o recoñece. Rodelinda e Bertarido encóntranse en segredo, pero son descubertos por un furioso Grimoaldo. El non recoñece a Bertarido, pero xura matalo de calquera forma, sexa o marido de Rodelinda ou só o seu amante. Os esposos, antes de separárense de novo, despídense.
Acto III
Unulfo acode á cela de Bertarido para axudarlle a escapar. Bertarido, non obstante, non o recoñece na escuridade e por erro féreo coa espada. Eduige e Rodelinda acoden a visitar a Bertarido. Ao encontrar a cela baleira e sangue no chan, desesperadas pensan que morreu. Grimoaldo queda durmido no xardín, pero Garibaldo encóntrao e decide aproveitar a oportunidade. Vai matalo coa súa propia espada cando entra Bertarido e mata a Garibaldo; salva a Grimoaldo. Este feliz abandona toda pretensión ao trono e volve a Eduige, dicíndolle que casarán e que gobernarán xuntos no seu propio ducado.
Vespres d’Arnadí
No ano 2005 ten lugar un encontro dalgúns dos primeiros licenciados en interpretación da música antiga pola Escola Superior de Música de Cataluña, con outros especialistas formados en Utrecht, Basilea e Bruxelas, para crear Vespres d’Arnadí, grupo liderado por Dani Espasa e Pere Saragossa. Os músicos participantes do proxecto son á vez colaboradores de destacadas orquestras barrocas europeas como Les Talents Lyriques, Le Concert des Nations, Accademia Bizantina, entre outras. Desde o inicio, este grupo destacou pola altísima calidade das súas interpretacións, como recoñeceu unanimemente a crítica. Teñen editados dous compactos dedicados a Desmazures e Mir e Llussá. Desde a tempada 2010-2011, recibe axudas do Institut Català d'Indústries Culturals como formación estable de Cataluña.
Dani Espasa clave e dirección
Sen dúbida, un dos músicos máis polifacéticos da música antiga actual. Licenciado en arquitectura pola ETSA de Barcelona, foi pianista e director musical de TV3 e TVE, ademais de creador de sintonías para RNE e TV3 e director musical en diversas obras de teatro. É produtor e compositor de diferentes discos de Lídia Pujol e tamén fai arranxos e é pianista e acordeonista de María del Mar Bonet. Ten colaborado cos grupos Acadèmia 1750, Mala Punica, La Hispanoflamenca, Les Sacqueboutiers e La Caravaggia. Actuou en prestixiosos festivais de música e no Concertgebouw de Amsterdam, Carneggie Hall de Nova York, Auditorio Nacional de Madrid, Barbican Center de Londres, Musikverein de Viena, Auditorium de Roma, Gran Teatre do Liceu, Teatro da Ópera do Cairo. Desde 2005 é director musical de Vespres d’Arnadí.
María Hinojosa soprano Rodelinda
Consolidouse como unha das sopranos máis prestixiadas, como demostra a intensa actividade nos principais festivais e salas de Europa, Sudamérica e os EUA interpretando os principais roles do repertorio barroco, clásico e contemporáneo. Iniciou os seus estudos de canto no seu natal Sabadell con Mª Teresa Boix e licenciouse en canto e lied na ESMUC de Barcelona. Gravou discos con Gabriel Garrido, Ottavio Dantone e Pablo Heras Casado, entre outros, así como destacadas óperas contemporáneas de Agustí Charles, Eduard Resina, Francesc Martí e Joan Guinjoan.
Maarten Engeltjes contratenor Bertarido
É un dos contratenores máis apreciados, colaborou con Leonhardt, Christie, Koopman, Pierlot, Pluhar, Garrido, Dijkstra, Leeuw, Van Veldhoven e Sardelli. Nas últimas tempadas cantou The Angel na estrea mundial de Adam in Ballingschap de Rob Zuidam, Polinesso na Ariodante con Sardelli, recitais coa Ancient Music Network do Festival de Utrecht, Dixit Dominus con Peter Dijkstra, Cantatas de Bach con Ton Koopman, Oratorio de Nadal de Bach en Tokio e Osaka, e realizou unha xira mundial con William Christie e Les Arts Florissants. En maio de 2007 editouse o seu cd como solista con cancións de Purcell, Dowland e Byrd, que foi presentado no Concertgebouw de Amsterdam. En 2009 publicou dous novos discos a Paixón segundo san Xoán e outro de cantatas para alto de Bach.
Juan Sancho tenor Grimoaldo
Iniciou a súa carreira vocal na Escola Superior de Música de Cataluña con Lambert Climent e posteriormente con Raphaël Sikorski e Raúl Giménez. Traballou baixo a dirección de Christie, Leonhardt, Savall, Egarr, Fasolis, Biondi, e ca Orchestra do Maggio Musicale Fiorentino, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra de Euskadi, Orchestra della Svizzera Italiana, Orquestra Barroca de Sevilla, Concerto Köln, Accademia Bizantina, etc. Entre a súa discografía recente sobresae a triloxía de óperas de Monteverdi no Teatro Real de Madrid con Willian Christie.
Simon Kirkbride baixo Garibaldo
Estudou no Royal College of Music de Londres e ao graduarse gañou o The President’s Rose Bowl. Entre outros roles operísticos interpretou a Publio na Clemenza di Tito, Morais de Carmen, Fígaro en As vodas de Figaro, Masetto en Don Giovanni, Lycomedes en Deidamia de Handel, e Thaddeus na estrea de The Last Supper de Birtwistle (con Barenboim), así como Leporello en Don Giovanni, e un longo etcétera. Algúns dos grupos cos que colaborou son Les Arts Florissants, Academy of St Martin in the Fields, London Philharmonic, Le Concert d’Astrée, The King’s Consort, Florilegium, London Symphony Orchestra, English Chamber Orchestra, Norwegian Baroque Orchestra e Scottish Chamber Orchestra. Próximos compromisos levarano ao Beijing Music Festival.
Marta Infante mezzosoprano Eduige
Nada en Lleida, realizou estudos superiores de canto na Universidade de Ostrava na República Checa. Colabora habitualmente coas agrupacións de música antiga La Caravaggia, Vespres d’Arnadí, A Capela Real de Madrid, Musica Ficta, Los Músicos de su Alteza, Hippocampus, Acadèmia 1750, Collegium 1704. Ten realizado actuacións en numerosos países europeos, Sudamérica, Oriente Medio e Xapón. Cantou coa Orquesta Nacional de España, Sinfónica de Madrid, Filarmónica de Málaga, ORCAM, Nacional do Salvador, traballou con directores como Ceccato, Botstein, Dantone, Sardelli, Goodwin, Egarr e Alesandrini. Entre a súa discografía destacan, Alto Cantatas de Telemann, Tonos al arpa e Cantate contarini con Manuel Vilas, a zarzuela Amor aumenta el valor de Nebra e Juditha triumphans de Vivaldi.
Jordi Doménech contratenor Unulfo
Nacido en Manlleu (Barcelona), estuda piano na Escola de Música de Vic e no Conservatori Superior de Música de Barcelona e canto en Guildhall School of Music and Drama de Londres. Actuou nos principais escenarios europeos, incluíndo o Teatro alla Scala, o Gran Teatro do Liceo de Barcelona, a Staatsoper de Hamburgo e o Musikverein de Viena. Cantou Agrippina, Orlando, Radamisto, Amadigi, Rodelinda e Belshazzar de Haendel, a Didone de Cavalli, Orlando, Ercole e Bajazet de Vivaldi, Carlo de Scarlatti e L’Incoronazione di Poppea de Monteverdi e Boris Godunov. Ademais de cantar, compón, especialmente para nenos, e publica as súas obras en Dinsic e Pagès Editors.