fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Barroco flamenco na Zona
Música | ClásicaVia Stellae
Barroco flamenco na Zona
Recital do guitarrista barroco Rafael Bonavita
O Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que terán como eixe central a música antiga e barroca pero sen esquecer outras épocas e xéneros, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e a creación actual, especialmente aos autores da nosa terra.
que

Barroco flamenco

RAFAEL BONAVITA  guitarra barroca

PROGRAMA

Bailad Caracoles (Santiago de Murcia)

Paloteado e Garrotín (Santiago de Murcia / Joaquín Turina / popular

Gallardas y Fandango (Francisco Guerau / Santiago de Murcia)

Alegrías (Flamenco, tradicional)

Marizápalos (Gaspar Sanz)

Jácaras de la costa (Santiago de Murcia)

Fustamberg (Santiago de Murcia)

Marionas (Santiago de Murcia)

Fandango de Huelva

Soleá

Bulerías (Flamenco tradicional / Tomatito)

Canarios (Gaspar Sanz)

Lanchas para bailar (Anónimo do Perú, s. XVIII)

Jácaras (Rafael Bonavita)

 

"De onde provén a música popular actual, eses ritmos e melodías que parecen estar aí “desde sempre”?  A música deste Barroco Flamenco nace da procura das raíces dalgúns dos principais ritmos do flamenco actual, e é un achegamento ao pasado para entender mellor o presente, e viceversa. A distinción entre “culto” e “popular”, era na música barroca bastante máis difusa do que pretende selo hoxe, e aínda as músicas máis antigas foron no seu momento novas e recentemente creadas. Tampouco os oficios de intérprete e compositor estaban tan separados como adoitan estalo hoxe, e iso percíbese na impronta persoal que reciben tanto as músicas e bailes barrocos como os “toques” flamencos. Do mesmo xeito, diversos aspectos interpretativos deste programa, son froito do traballo de investigación creativa. No repertorio de guitarra barroca, atopamos xa a superposición de ritmos binarios e ternarios, e esquemas harmónicos que nos mostran a estreita relación existente, por exemplo, entre a jácara de entón e a bulería de hoxe. Do mesmo xeito podemos conectar o paloteado de Murcia co garrotín (orixinario de Lleida, “exportado” a outras rexións, e fundido máis tarde coa rumba), acompañándoo da elaboración algo máis intelectual do sevillano Joaquín Turina. O fandango ha ter un longo percorrido desde o barroco e en épocas posteriores (Soler, Boccherini, Rimski-Korsakov…), e, doutra banda, a vertente flamenca que mostra neste programa o fandango “de Huelva”. As curiosas lanchas para bailar, recollidas polo misioneiro xesuíta Martínez Compañón, ilustran o barroco indíxena do Perú no Século das Luces e achegan ao programa unha contaxiosa ledicia. Pola súa banda, Marizápalos e moitas destas músicas, nas súas versións cantadas, eran os equivalentes da época barroca ás actuais baladas e boleros, xeralmente de tema amoroso (aínda que non exclusivamente), e constituían o inmenso repertorio de música doméstica, presentes na corte como nas festas populares. As bulerías adquiren na guitarra barroca unha nova cor, e o seu ritmo frenético contrasta con doces melodías como a Fustamberg, danza de orixe nobre, probablemente austríaco, que ilustra delicadamente outros aspectos destes bailes de diferentes épocas e contextos interconectados. Músicas de cancións e danzas que nos levan a percorrer mundos diferentes aínda que non tanto…, antigos e novos á vez." Rafael Bonavita 

Rafael Bonavita  guitarra barroca

Formado en Uruguay, Canadá e Suíza, é recoñecido internacionalmente como un dos máis firmes e versátiles valores nos instrumentos de corda pulsada. Intérprete rigoroso coa filoloxía histórica, no entanto, un explorador de novas vías de expresión, un heterodoxo e ao tempo próximo tradutor das posibilidades dos instrumentos de cordas máis antigos. Os seus comezos na guitarra clásica foron co mestre Álvaro Pierri, e nos instrumentos antigos con Hopkinson Smith na Schola Cantorum Basilensis. Ten colaborado con Jordi Savall, René Jacobs, Marc Minkowski ou Gabriel Garrido, desenvolve actualmente unha intensa actividade concertística e pedagóxica en Europa, Asia e América. É membro do conxunto xaponés Anthonello e gravou para varios selos e ten recibido importantes recoñecementos nos medios especializados.

cando e onde
Luns 9 xullo 2012
20:00  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

prezo das entradas
3 euros
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Horario especial durante o festival (do 2 ao 13 de xullo): desde as 16.30h ata a hora de inicio do concerto dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1481111608.pdf
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1481111608.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org