Jazz no mercado: Experianza
ALBERTO VILAS QUINTETO
Experianza é un proxecto persoal, sincero e sentido que nace da vida decantada do pianista de Redondela Alberto Vilas. Unha proposta fresca, con raíces asentadas na tradición galega e frondosas pólas nas que se mesturan múltiples sonoridades. Bill Evans, Keith Jarrett, Thelonious Monk..., a Experianza de Vilas medrou alimentada pola forza da música académica, tanto clásica como contemporánea, pero na súa identidade subxace a música americana dos 40, 50 e 60. Un certo tipo de improvisación, de linguaxe, de son. Un swing que o quinteto ao que dá nome matiza cun toque europeo, e ata africano, e máis coa influencia decisiva dos seus referentes galegos. “A semente é moi persoal”, recoñece Alberto Vilas, “son cancións que nacen de min, da miña experiencia, da miña maneira de percibir a realidade”. E, neste sentido, podemos atopar unha certa nostalxia, un pouso de tristura que non se intentou esconder nin disfrazar. “Na arte non hai que facerlle concesións á Humanidade”, afirma o pianista, ”e ás veces parece imposible que isto mellore, parece que esteamos condenados a fracasar”. Sobre esa nostalxia, o quinteto constrúe un son cómplice con alento de futuro. Un son decantado lentamente, ao longo de moitos meses de ensaios, de probas, de cambios. Un son non que o perfeccionismo se mestura coa espontaneidade, coa improvisación.
Alberto Vilas Quinteto
Está formado por cinco músicos profesionais procedentes de estilos tan distintos como o blues, o rock, o folk, o funk, a música clásica e o tango. Todos eles teñen unha ampla formación en conservatorios e comparten a paixón pola música improvisada, espontánea. Dende hai un par de anos traballan xuntos na busca dunha voz propia que os identifique, explorando novos terreos non campo da creatividade e da innovación, sen deixar de beber das fontes musicais do pasado, do presente e do futuro. Hai moito de todos eles en Experianza ata o punto de que, segundo asegura Alberto Vilas, sen a súa paixón e forza o disco non existiría.
Alberto Vilas piano
Estudou piano e composición non Conservatorio Superior de Música de Vigo e Jazz no Seminario Permanente de Pontevedra, participou en múltiples seminarios e obradoiros internacionais. Na actualidade é profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra. Dexde moi novo formou parte de varios grupos de rock e é un dos membros máis antigos do cuarteto de tango Tangata, formación coa que ten gravados tres cd́s e coa que ten percorrido toda a xeografía galega e boa parte de de España e Portugal. Tamén gravou o cd Escenas Latinas a dúo co tubista Eduardo Nogueroles. É autor e intérprete de música dos documentais O imperio Chéxtil de Fernando Carreira e Un rebelde de aceiro de Manolo Barros.
Felipe Villar guitarra
Estudou guitarra clásica no Conservatorio de Vigo, blues de xeito autodidacta, jazz non Seminario Permanente de Pontevedra e improvisación e harmonía na Estudo Escola de Música de Santiago, finalmente obtivo a súa licenciatura en jazz pola ESMAE (Oporto). Asistiu a seminarios e workshops internacionais con músicos de gran prestixio e forma parte de múltiples agrupacións musicais, como o Ten Jazz Men dirixido por Abe Rábade, o grupo de funk vigués Travel Hats, o septeto hispano-portugues Rua da Alegría, Chus Pazos Ensemble, ou o cuarteto JazzTroupe. Ademais lidera os seus propios trío e cuarteto.
Juansy Santomé contrabaixo
Comezou tocando en grupos de rock e funk. Estudou baixo eléctrico en Santiago, pero axiña se decantou polo contrabaixo. Mergullouse non jazz da man de Abe Rábade e Paco Charlín, no Seminario Permanente de Pontevedra. Tocou nos principais clubs de jazz e festivais galegos e participou tamén en múltiples seminarios e obradoiros internacionais. Tras unha breve estadía en Nova York, cofundou a Big Hang Live Band, baseada na mestura das tradicións do hip hop e do jazz.
Rosolino Marinello saxofóns
Naceu en Detroit, pero trasladouse con dez anos a Sicilia e foi alí, onde arrincaron os seus estudos de saxofón. Anos despois, comezou a tocar jazz e folk con varios conxuntos. Estudou en Sicilia e o grao superior de saxo de jazz en Holanda, onde tamén cursou un mestrado co profesor John Ruocco. Participou en diversas clases maxistrais e obradoiros internacionais e tocou con múltiples grupos e orquestras europeos, como Sibuli, Klee Quartet, Bitches Brew Project, Lapalmá ou Mogambo. É o fundador do grupo Mosaico e colabora, entre outros, con Banda Baliza.
Javier Barral Carro batería
Estudou percusión afrocubana con Marcos Varcárcel, flamenco con Luís Casteláns e batería con Ramón Ángel. Continuou no Seminario de Jazz Permanente de Pontevedra, na Escola Estudo en Compostela e en Nova York, con Nasheet Waits, Ari Hoenig, Kendrick Scout e Tony Moreno. Tocou en grupos de pop rock, folk e de percusión e foi fundador da primeira asociación de percusionistas en Galicia, Aperta. Actualmente, céntrase no jazz, participando no cuarteto de José Nine, no quinteto Jato Negro, na Jazz Trouppe, no Pablo Seoane Trio e Cuarteto e nun revival do jazz dos anos vinte denominado St. James Street Band.