Theyories, jazz con sabor checo
DAN BÁRTA & ROBERT BALZAR TRÍO
Robert Balzar Trio
Formado no ano 1996 por Robert Balzar (contrabaixo), Stanislav Mácha (piano) e Jií Slavíek (batería). É un dos grupos de jazz máis desatacados da República Checa. Interpreta o seu propio repertorio e cancións doutros artistas. Gravou cinco álbums, un deles co excelente guitarrista de jazz John Abercrombie co que levou a cabo unha xira moi exitosa na República Checa, Eslovaquia e Inglaterra. Participou en varios festivais en Estados Unidos, Turquia, Suecia, Hungría e outros países.
Dan Bárta
Un dos máis apreciados intérpretes checos dos últimos anos, é un músico multifacético e coñecido non só na República Checa senón tamén no resto do mundo; é gañador de varios premios de música, entre eles o premio checo da academia da música popular Andl. Artista invitado nos concertos de Bobby McFerrin. Dan Bárta actúa a miúdo co trío de jazz Robert Balzar Trio. Xuntos gravaron o seu novo álbum Theyories.