Via Stellae 20/21
A gaita contemporánea: un paso máis
PAULO p. gaita
BERTA FRESCO piano
PROGRAMA
Arvo Pärt (1935)
Spiegel im Spiegel (1978)
Martínez Fontana (1962)
A muller vestida de sol (2010)
Paulo p. (1977)
Contraponto #2 (2009)
gaita sola
Jesús González (1965)
Cantiga* (2011)
Paulo p. (1977)
Contorno #1 (2008)
*estrea absoluta
"O compositor e gaiteiro Paulo p. é sen dúbida, a forza que dividiu a historia da gaita en Galicia en dúas metades. Unha, antes del; outra, despois. El foi quen mudou drasticamente o xeito de pensar o instrumento na modernidade, a súa utilización, a súa técnica e capacidade expresiva, as súas posibilidades reais, como o propio repertorio histórico e actual. É a evolución lóxica e coherente dun instrumento, cando atopamos un estudo profundo e constante, que pode resumirse na seguinte afirmación: a gaita: un paso máis alá!" Jesús González
Paulo p. gaita
“Elevadísimo e melifluo tirano do amor en espiral, estudou en varios campos da episteme”. É licenciado en frauta de bisel e historia e ciencias da música. Membro do consort A Imagem da Melancolia; foi chamado regularmente para tocar con distintos grupos de música antiga ou para programas en solitario, así como para numerosos proxectos discográficos. Tal vez pola súa concepción da arte, pola súa radicalidade perante o social, ou pola súa desobediencia indisciplinada, hoxe en día a súa actividade concertística é case inexistente. Nos últimos tempos céntrase nos seus escritos literarios, na composición musical e en permanecer vertical.
Berta Fresco piano
Estudou no Conservatorio de Vitoria obtendo premio de honra fin de carreira. Realizou un posgrao na Royal Academy of Music de Londres e nos conservatorios de Utrecht e Amsterdam. Obtivo o primeiro premio dos concursos de Gernika, Else Cros Piano Prize e o terceiro premio nos Lilian Davies Prize de Londres, Concurso Internacional Cidade de San Sebastian e premio Samuel dos Santos non Concurso de Albacete. Actualmente compaxina a súa actividade concertística coa docencia, como profesora de piano no Conservatorio Profesional de Vigo.