Barbara
Cantatas, lamentos e cancións de Barbara Strozzi
MERCEDES HERNÁNDEZ soprano
FERNANDO REYES tiorba
Amor dormiglion: Amor, non dormir più, op. 2ª
Non ti doler mio cor, op.6ª
L'Eraclito amoroso: Udite amanti, op, 2ª
Amore è bandito, op.6ª
Il Romeo: Vagò mendico il core, op. 2ª
Amor non si fugge: Cara Filli, op. 3ª
Lamento: Lagrime mie, op. 7ª
Chiamata à nuovi amori: E che diavol sarà questo!, op. 2ª
L'amante segreto: Voglio morire, op. 2ª
La fanciulletta semplice: Spesso per entro al petto, op. 2ª
Begl'occhi, bel seno, bei crini e bella bocca: Voi, voi pur, op. 2ª
A donna bella crudele: Perle care, op. 3ª
Dialogo a voce sola trà le speranze e'l timore: Timore e che sarà?, op. 2ª
Per le nozze de Ferdinando III d'Austria e di Maria Leopoldina d'Austria: Gite, gite, o giorni dolenti, op. 2ª
----------------------------------------------------
Opera 2ª: Cantate, ariette e duetti. Venecia 1651
Opera 3ª: Cantate, ariete a una, due e tre voci. Venecia 1654
Opera 6ª: Ariette a voce sola. Venecia 1657
Opera 7ª: Diporti di Euterpe overo Cantate e ariette a voce sola. Venecia 1659
Mercedes Hernández soprano
Naceu en Santiago de Compostela. Estudou canto, especializándose en música antiga no Conservatorio de Toulouse, na Musikhochschule de Trossingen e na Schola Cantorum Basiliensis. Colabora en concertos e gravacións con destacados grupos como La Capella Reial de Catalunya, (Jordi Savall), Le Parlement de Musique (Martin Gester), La Fenice (Jean Tubery), etc., e actuou tamén en moitos dos principais auditorios e festivais de Europa e de América. En 2002 debutou no Gran Teatre del Liceu co rol de Ninfa da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo dirixida por Jordi Savall.
Fernando Reyes tiorba
Iniciou a súa formación musical na Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela. Especializouse no Conservatorio de Toulouse e na Staatliche Hochschule fur Musik de Trossingen con Rolf Lislevand. Como instrumentista realiza unha intensa actividade de concertos e gravacións ao longo de toda Europa. Alén diso, compuxo e dirixiu a música de diversas obras teatrais e publicou varios artigos sobre música antiga, guías musicais e libros-cd. Con Mercedes Hernández formou o grupo Resonet e gravaron os compactos La Grande Chanson, Santiago!: música e peregrinacións no Renacemento, Les Pellerines, Il Pellegrino: a viaxe de Cosme III de Medici, Canto de nadal, Cantares Galegos: Rosalía de Castro, Canto de Ultreia: Codex Calixtinus, Músicas para as festas de Santiago e Festa Dies: Consagración da catedral de Santiago de Compostela.