fondo web
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Integral das suites para cello de Bach
Música | ClásicaVia Stellae
Integral das suites para cello de Bach
Recital do cellista francés Jean-Guihen Queyras
O Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que terán como eixe central a música antiga e barroca pero sen esquecer outras épocas e xéneros, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e a creación actual, especialmente aos autores da nosa terra.
que

A integral das suites para violoncello de Bach

JEAN-GUIHEN QUEYRAS  violoncello

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

 

I

Suite para violoncello só núm. 1 en sol maior BWV 1007

Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Menuet I - II -Gigue

 

Suite para violoncello só núm. 4 en mi bemol maior BWV 1010

Prelude - Allemande - Courante - Sarabande - Bourrée I - II -Gigue 

 

II

Suite para violoncello só núm. 3 en Do maior BWV 1009

Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Bourrée I-II -Gigue

 

Suite para violoncello só núm. 5 en do menor BWV 1011

Prelude - Allemande - Courante - Sarabande - Gavotte - Gigue

 

III

Suite para violoncello só núm. 2 en re menor BWV 1008

Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Menuett I - II - Gigue

 

Suite para violoncello só núm. 6 en Re maior BWV 1012

Prélude - Allemande - Courante - Sarabande - Gavotte I - II - Gigue


As suites para violoncello de Bach

Foi en Cöthen, corte calvinista na que a música relixiosa contaba pouco, onde Johann Sebastian Bach abandonou provisionalmente o órgano para dedicarse á composición de música instrumental de cámara e onde, arredor de 1720, compuxo as súas seis Suites para violoncello. A habilidade no manexo do contrapunto polifónico que amosa a música de Bach, posiblemente non superada por nin­gún outro compositor da historia, faise tamén patente na súa obra de cámara. Aínda que Bach non foi o primeiro en escribir para violoncello solo –os primeiros intentos encóntranse en obras de Domenico Gabrielli (1659-1690) e de Giovanni Battista Degli Antoni (nado cara a 1660)–, é el quen inventa realmente un estilo de seu para este instrumento, que afianzará o desenvolvemento do cello fronte á viola da gamba. Bach mantén unha coidadosa regularidade nos seis movementos que conforman cada suite, cada un coas súas particularidades no ritmo e no carácter. Cada suite consta dun preludio e cinco danzas, cunha sarabanda lenta como centro e como final, presentando sempre unha xiga e unha allemande de intelixente diversidade, dúas teñen bourrée como cuarta danza e dúas inclúen minuetos e outras tantas gavotas. Dúas suites están en tonalidades menores e, á parte da Sexta, é posiblemente a Cuarta a que presenta maior dificultade técnica pois esixe incómodas extensións da man esquerda do intérprete. A Quinta amosa unha afinación en scordatura, habitual na época.

Jean-Guihen Queyras violoncello

Goza dunha envexable reputación como músico de excepcional versatilidade e integridade. Tocou con moitas das máis importantes orquestras do mundo: Philharmonia Orchestra, Orchestre de Paris, Tokyo Symphony, Philadelphia, Tonhälle Zurich, Leipzig Gewandhaus, Budapest Festival, Suisse-Romande e Netherlands Philharmonique; Freiburg Baroque e Akademie für Alte Musik Berlin e debutou no Carnegie Hall de Nova York con Concerto Köln en marzo de 2004. Con directores como Bruggen, Fisher, Herrewege, Belohlavek e Norrington. É membro do Cuarteto Arcanto, con Tabea Zimmerman, Antje Weithaas e Daniel Sepec. Como solista do Ensemble Intercontemporain gravou o concerto de Ligeti dirixido por Pierre Boulez. Tamén gravou a obra de Dutilleux e de Ovules. Toca un cello construído por Gioffredo Cappa en 1696, préstamo de Mécénat Musical Société Générale.

cando e onde
Mércores 4 xullo 2012
20:00  Salón TeatroRúa Nova 34981 581 572 / 981 581 111

prezo das entradas
6 euros
puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Horario especial durante o festival (do 2 ao 13 de xullo): desde as 16.30h ata a hora de inicio do concerto dese día.

Teléfono da billeteira: 981 542 349

entradas.novagaliciabanco.es

902 434 443
http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
RSS galego RSS Eventos

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1372404450.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1470038053.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org
Aviso Legal