Recupéranse moitos pasodobres tradicionais e obras esquecidas no arquivo, así como pezas de novos compositores galegos, moitos deles da propia Banda Municipal, que co seu traballo colaboran ao enriquecemento cultural e musical. A zarzuela, xénero musical que por tradición agrada ao público de Compostela, as aberturas de sempre, obras recuperadas do arquivo e novas músicas..., están presentes neste programa pensado para os meses de verán.
Programa
Enrique Melio (pd) de S. Couceiro
Der Freistchütz (abertura) de C. M von Weber
O Hóspede do Sevillano (selección) de J. Guerrero
Campos Xerezanos (apunte sinfónico) de G. A. Beigbeder
Orfeo no Inferno de J. Offenbach