Recupéranse moitos pasodobres tradicionais e obras esquecidas no arquivo, así como pezas de novos compositores galegos, moitos deles da propia Banda Municipal, que co seu traballo colaboran ao enriquecemento cultural e musical. A zarzuela, xénero musical que por tradición agrada ao público de Compostela, as aberturas de sempre, obras recuperadas do arquivo e novas músicas..., están presentes neste programa pensado para os meses de verán.
PROGRAMA
Vertula (pd) de C. Mouriño
Bastien le Saboryard (abertura) de O. Métra/X. Carlos Seráns
A Taberneira do Porto (fantasía) de P. Sorozabal
Gran Fantasía Española de R. Villa
Estreliña (cousa galega) de L. Brage/X. Carlos Seráns