Jack White (White Stripes) produce o seu novo álbum e colabora no renacemento artístico da xenuína raíña do rockabilly.
Desde que Hank Thompson a descubrira na radio local de Oklahoma, a súa carreira foi unha infinidade de éxitos que marcaron unha época. ‘Fujiyama Mama’, ‘Let’s Have a Party’, ‘Right or Wrong’, movéndose entre o Rock & Roll e o Country, sacou grandes clásicos como ‘Tears Will Be The Chaser For Your Wine’, ‘Both Sides Of The Line’, ‘A Girl Don't Have To Drink To Have Fun’ e un larguísimo etc…
Comezou xirando á beira dos máis grandes do Rock and Roll: Elvis Presley, Jerry Le Lewis, e Buddy Holly, e estes últimos anos gravou á beira de artistas da talla de The Cramps, Le Rocker, Dave Alvin e Elvis Costello.
A comezos do ano 2011, Jackson grava no estudo de White en Nashville o álbum ‘The Party Ain’t Over’, un novo disco da man do cantante e guitarrista Jack White (White Stripes) e unha banda formada por Jack Lawrence (The Dead Weather/Raconteurs), Carl Broemel (My Morning Jacket), Patrick Keeler (Raconteurs), Ashley Monroe, Jackson Smith e Karen Elson. A súa rasposa voz, actitude e xovialidade volven brillar como un diamante sen impurezas. Doce, efusiva e cunha xovialidade a flor de pel, Wanda aos seus 74 anos defende que os seus concertos son os mesmos que fixo toda a súa vida, rock´n´roll dos cincuenta, algo de country e un pouco de góspel. Calquera ocasión de vela sobre un escenario é unha oportunidade histórica, historia da música.
Acompañarán a esta gran dama, os pontevedreses Pedrito Diablo &Los Cadáveras. A banda está presentado o seu primeiro traballo ‘El cuerno del chivo’ surf rock e referencias cinematográficas que se completan no escenario cunha potente posta en escena que non deixarán indiferentes a ninguén.