fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
De como non casar / How Not to Get Married
Arte | Vídeo/Instalacións
De como non casar / How Not to Get Married
Olalla Castro e Nicoleta Moise
Olalla Castro e Nicoleta Moise propoñen en 'De como non casar / How Not to Get Married' un itinerario gráfico, audiovisual e performativo no que diferentes supersticións, rituais e tradicións relacionadas con Galicia e con Santiago de Compostela son recompiladas e reinterpretadas. A intervención interdisciplinar inclúe investigación in situ dos “espazos supersticiosos”.
que

A exposición, que ocupará o espazo da Zona "C", terá como contido o resultado das performances que se levarán a cabo en lugares emblemáticos de Compostela, como o Convento das Clarisas ou a Catedral, e que se completará cun tour guiado arredor dos “espazos supersticiosos”. Performances vinculadas ao local, pero estrapolables ao global en xestos que se repiten como tirar moedas nunha fonte para ter boa sorte ou rituais nas cerimonias matrimoniais (o arroz, os ovos de Santa Clara etc.)

O feito de recompilar e cuestionar as superstición reformulándoas como performances, como coleccións gráficas ou a través da creación de “obxectos supersticiosos” supón para as artistas un cruce entre culturas, sociedades e fronteiras. Partindo da idea de que moitas supersticións son transnacionais e non se rexen polos límites dun mapa, aprecian como os mesmos ritos acaban por expandirse en diferentes lugares co fluxo migratorio e o movemento das persoas. Sendo Santiago un centro de peregrinaxe único, esta idea reflexa a proxección que os ritos locais poden chegar a acadar no ámbito internacional.  

Previo á exposición Olalla e Nicoleta propoñen un mapeado e recompilación de rituais e supersticións en Compostela. Un traballo de investigación ao que as creadoras dan continuidade nas performances abertas ao público. O resultado será exposto no espazo Zona “C” e a gravación permitirá tamén a divulgación do proxecto a longo prazo. 

 

Nicoleta Moise (Bucarest, 1989) vive e traballa en Bucarest (Romanía). En 2013 graduouse no Máster de fotografía e imaxe da Universidade Nacional de Artes de Bucarest. Traballa como artista visual con imaxes de arquivo encontradas ou buscadas, mentras amosa un interese polas artes performativas, os libros de artista e a poesía. Foi artista en distintas residencias, coma no EACC de Castellón nos anos 2015-2016, e no Paintbrush Factory en Cluj-Napoca (Romanía). 

Olalla Castro (Lugo, 1989) vive e traballa en Potsdam, Alemaña. En 2014 licenciouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Foi residente na Casa de Velázquez (Madrid) en setembro do 2016. A súa práctica artística céntrase na paisaxe a través do binomio local/global. Traballa en medios interdisciplinares, como o vídeo, o libro de artista e a performance.  



Exposicións dúo (selección) 

2015 Austeria, comisariada por Anna Smolak e Raluca Voinea. BWA SOKOL Galería de Arte contemporánea, Nowy Sacz (Polonia). 

2015 On Floating Grounds. Ways of Practicing Imponderability, comisaria: Ioana Mandeal, City Business Centre Timișoara (Romanía)

2015 EstudioAberto 4, comisariada por Paula Cabaleiro. Museo Provincial de Lugo, Lugo

2015 Young Art Night, Van Abbemuseum, Eindhoven (Holanda)

2014 BLIND / DATE, comisariada por Ioana Mandeal e Sandra Demetrescu, The CAN, Bucarest (Romanía)


Relatorios

2014 XXVIII Festival Cineuropa (presentación Panorama Galego), CGAC Santiago de Compostela


Residencias como dúo

2015 Estudio Aberto#4, Lugo

 

FOLLA DE SALA (gal/esp)

cando e onde
Mércores 21 marzo / Domingo 20 maio 2018
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h domingos de 14.00 a 19.00 h luns pechado

de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/04/compostelaneaabril2018webesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org