fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Global Complexity
Arte | Vídeo/Instalacións
Global Complexity
Amine Asselman
‘Global complexity’ é unha evolución de ‘Connected’, unha obra que Amine Asselman produciu para o MULAFEST2016 (Festival de Tendencias Urbanas de Madrid) que indaga na contradición da conectividade e a globalización fronte ás barreiras e as fronteiras. ‘Connected’ é unha representación desta contradición que se insire na nosa paisaxe cotiá.
que

Unha imaxe dunha realidade que o artista logra a través do debuxo dixital de postes eléctricos de varios tamaños que soportan, a súa vez, cables eléctricos onde Amine introduce pugas propias do arame de espiño. Estes postes –moi presentes na nosa paisaxe– son símbolos de conectividade e globalización, mentres que as pugas aluden ás barreiras e fronteiras, que cada vez están mais presentes na nosa paisaxe cotiá.

Afondando na visión globalizada desta complexidade contemporánea, Amine Ansselman intervén con esta instalación a Zona “C” convidándonos a entrar nun espazo no que nunha primeira mirada apreciamos postes eléctricos e bobinas de latón conectadas por cables. É no momento no que o espectador se introduce na peza cando se apercibe de que os cables conteñen pugas que simulan o arame de espiño convertendo a conexión entre as bobinas en algo inquietante.

A peza mestura, na súa representación, ficción e realidade. Os cables son reais mentres que os postes eléctricos son ficticios. As pezas de latón simulan bobinas onde se enrola a cablaxe eléctrica que percorre o planeta, e o latón alude ás moedas e ao capitalismo.

Os cables vanse transformando de arame de espiño en mosaicos que conectan as bobinas de latón. Amine recorre (xa o ten feito noutras obras) aos mosaicos que inspirados na arte islámica fan referencias á actual complexidade da imaxe, aquela que poden chegar a crear os medios de comunicación en referencia ao inimigo global omnipresente. Os mosaicos son elementos de unión, as pugas representan elementos de separación.

Concibida como interactiva, cada peza ten conectados un piezoeléctrico e un transdutor táctil (dispositivo capaz de transformar o converter unha determinada manifestación de enerxía de entrada noutra diferente á saída). Cinco das nove pezas de latón teñen conectado un micrófono que capta o son do participante. Os visitantes poden interactuar transmitindo sons e mensaxes que percorrerán a instalación enteira. Cada peza crea un espazo de comunicación entre os dispositivos, que tamén se poden interpretar como mundos separados.

 

 

Amine Asselman (Toulouse, Francia, 1989)

2015: Estudos de doutoramento creación e investigación en arte contemporánea, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra

2014 - 2015: Mestrado de Arte Contemporánea. Creación e Investigación, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra

2009 - 2013: Licenciado en Belas Artes, sección de deseño publicitario, Instituto Nacional de Belas Artes, Tetuán, Marrocos

 

Exposicións

2017

– Estética fronteriza I, Fábrica de Identidade, Museo de Pontevedra, Pontevedra.

– Estética fronteriza I, Bajo el Efecto Borde, Sant Andreu Contemporani, Barcelona.

2016

– 40 días en la frontera, The Waiting Room, Pontevedra.

– Frontera cultural. Cultura fronteriza, saída Art Contemporain, Estampa 2016,

Madrid.

– Connected, MULAFEST 2016, IFEMA, Madrid.

– Horizontes Inaccesibles, UFOFABRIK, Contemporary Art Ruhr, Essen, Alemaña.

Residencias e bolsas

– Participación no III Encontro de Artistas Novos, do 9 ao 13 de setembro de 2013, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

 

Premios e concursos

– Seleccionado para as xornadas e exposición IDENTITAS(LAB) 2017 co proxecto DULB, Art Mustang Gallery, Elche, Alicante.

– Gañador do Premio Labora Essen 2016 UFOFABRIK Contemporary Art Gallery, Italia.

– Gañador do Premio Concello de Santiago da Feira de Arte Contemporánea Cuarto Público, marzo 2016, Santiago de Compostela .

– Premio de excelencia académica, doutoramento 2015-2016, Universidade de Vigo.

– Seleccionado para o IX Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, Santiago de Compostela, 2015-2016.

– Finalista no concurso de fotografía Sin Fronteras da Alliance Française de Madrid, coa obra Paisaje invadido (1), 2015, Madrid

 

Publicacións

Asselman, Amine (2017) “Zellige y creación

contemporánea: la visión mística de Younes

Rahmoun.” Revista Estúdio, Artistas Sobre

Outras Obras ISSN 1647-6158 e-ISSN 1647-

7316. 8, (17) xaneiro-marzo. 119-126

 

Folla de sala

cando e onde
Venres 12 xaneiro / Domingo 11 marzo 2018
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00h domingos de 14.00 a 19.00h luns pechado

de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/06/compostelaneaxunho2018webesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org