fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Un cuarto propio
Arte | Vídeo/Instalacións
Un cuarto propio
Rosa Neutro, artista / Rosendo Cid, comisario
Este proxecto indédito, comisariado por Rosendo Cid, e cuxo título se debe ao libro homónimo de Virginia Woolf, orixínase a partir dos plantexamentos da obra de Rosa Neutro, como muller e artista, e de algunhas referencias literarias e artísticas (Simone de Beauvoir, Lacan, George Bataille… mesmo o cadro A orixe do mundo de G. Courbet).
que

Pártese así dunha postura particular para xerar e suxerir reivindicacións máis amplas abordando temáticas que a historia da arte toca dun modo certamente parcial, como é o íntimo, as narrativas endóxenas que poderiamos dicir, o amor e o erotismo. O que se amosa e o que se oculta nesta mostra manténse nun equilibrio entre dous extremos que fai referencia á posición da muller como autora, incerta en ocasións, ás veces fragmentada ou desdobrada, que trata de recoñecerse a sí mesma e mais no outro suxeito, incidindo na tese principal da necesidade de ter un lugar propio desde o que manter unha postura vital, propia e persoal para, en definitiva, posicionarse ante o mundo.

'Un cuarto propio' é a primeira das intervencións seleccionada entre as propostas presentadas en creación en artes visuáis para a Zona "C" na modalidade de proxectos de comisariado. Rosendo Cid plantexa un proxecto inédito baseado nalgúns dos intereses que a artista Rosa Neutro leva desenvolvendo nos últimos tempos centrando a intervención nas problemáticas relacionadas coa muller artista.

Rosa Neutro (Cangas, Pontevedra, 1979), artista visual licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realiza ademáis estudos de deseño gráfico na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Foi tamén coordinadora da sala Piso Dos en Pontevedra e posteriormente no centro de produción dixital Lab_in de Vigo. A súa actividade artística céntrase na fotografía e na fotomontaxe como principal medio para explorar, nos seus últimos traballos sobre todo, os clichés femininos a través de series como Divas de cine negro onde explora a memoria desde a súa propia autobiografía así como desde outras referencias nunha sorte de resolución dun tempo íntimo fóra de calquera acontecer regrado.

Rosendo Cid (Ourense, 1974), principalmente artista plástico, ven desenvol vendo unha actividade paralela relacionada coa escrita e a literatura que está moi presente nalgúns dos seus proxectos visuais. Licenciado na especialidade de escultura pola Universidade de Vigo ven traballando distintos medios como a escultura, a fotografía, a colaxe e o debuxo. Expón regularmente desde o ano 2000 e, ata a actualidade, ten traballado en dous proxectos curatoriais ademáis de ter feito os textos críticos das seis exposicións da tempada 2009-2010 da Sala Alterarte da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, comisariada por Ignacio García.

 

Folla de sala

cando e onde
Mércores 11 outubro / Domingo 10 decembro 2017
  Zona "C"San Domingos de Bonaval 1981 574 152

horario
Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00h domingos de 14.00 a 19.00h luns pechado

de interese
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf
www.santiagoturismo.com/files/2017/12/compostelaneadecembrowebesp.pdf http://www.compostecapitalcultural.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://ofv.auditoriodegalicia.org
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html 	http://www.compostelacapitalcultural.com/adjuntos/1504345520.pdf http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org